Xornada de portas abertas

O luns 26 de febreiro de 16:30 a 17:30 horas terá lugar unha Xornada de Portas Abertas para quen queira vir coñecer o noso centro.

 

Pregámosvos que confirmedes asistencia a través do noso enderezo electrónico: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

 

Clicade aquí para ver o cartel en grande

ADMISIÓN CURSO 2024/2025: Apertura do prazo para a reserva de praza no CEIP Vicente Otero Valcárcel o vindeiro curso 2024-2025

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.

 

                    

 

 

RESERVA DE PRAZA:

  • Para o alumnado que en 3º de Educación Primaria desexa continuar estudos no centro de adscrición (CEIP Vicente Otero Valcárcel).

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Entroido 2024

Acaba de rematar o Nadal e xa estamos pensando na próxima festa!

O Entroido é a seguinte parada e este ano, tendo en conta a temática do proxecto Voz Natura "Flora e fauna autóctonos", imos ir disfrazados de polbo.

A continuación tedes unha breve infografía sobre como podedes facer o voso desfrace.

Estamos desexando ver as vosas creacións. Estamos seguras de que seredes moi, pero que moi orixinais!

 

Se clicades aquí podedes ver a imaxe con mellor calidade.

Palabras contra a violencia

Continuamos coa conmemoriación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe facendo unha actividade conxunta. Os maiores axudamos aos pequenos a escribir nun lazo violeta palabras contra a violencia.

25N. Semana contra a violencia de xénero.

Ao longo desta semana conmemoraremos o 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais das actividades que levemos a cabo no centro queremos contar coa vosa colaboración para elaborar unha nube de palabras contra todo tipo de violencia.

Só tedes que ingresar no seguinte enlace e introducir ata 3 palabras (non é obligatorio introducir 3, podedes poñer 1 ou 2).

Ao finalizar esta semana compartiremos o resultado a través da web.

Animádevos!

 

Enlace á nube de palabras

Samaín e Magosto. AVISO: DÁ MOITO MEDO!

O martes desfrutamos dunha gran festa a cargo da ANPA "Os rapaciños".

Comemos castañas, desfilamos, comemos larpeiradas, tivemos un concurso de cabazas e desfrutamos dun contacontos!

 

Velaquí podedes ver o ben que o pasamos. 

 

 

 

 

 

 

Taller de primeiros auxilios

Taller de primeiros auxilios

 

O venres, como anos pasados, levamos a cabo un taller de primeiros auxilios a cargo de dúas mamás do cole (María e Lucía).

 

 

 

 

Tamén aprendemos a canción da reanimación.

 

Gracias, María e Lucía!

Reunións inicio de curso 2023-2024

O curso escolar comeza o luns 11 de setembro de 2023 no horario habitual, agás para o alumnado de nova incorporación de educación infantil, que seguirá o horario do período de adaptación, sempre que sexa posible.

As reunións previstas durante o mes de setembro son:

-Reunión período de adaptación alumnado de infantil de nova incorporación ao centro: martes 5 de setembro ás 13:00 horas.

-Reunión grupal educación infantil: luns 25 de setembro ás 16:00 horas.

-Reunión grupal educación primaria: luns 25 de setembro ás 17:00 horas.

MATRÍCULA 2023-2024

Todo o alumnado admitido neste centro para o próximo curso 2023-2024 ten que formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño, polo que deben pasar polo centro a recoller o sobre coa documentación.
 
* Solicitar cita previa para a recollida e entrega de documentación a través do seguinte email:
ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
 
                            
 
Distribuir contido