ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2022-2023: Publicación listaxes definitivas

*Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Dende o luns 9 de maio, podedes consultar as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2022-2023.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, NON podemos publicar as listaxes na web nin fóra do edificio escolar por mor da Lei de Protección de Datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio en horario de 14:00-14:15 horas de luns a venres e os luns pola tarde.

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS 2022/2023: Publicación listaxes provisionais

*Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Dende o luns 25 de abril, podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, NON podemos publicar as listaxes na web nin fóra do edificio escolar por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio en horario de 14:00-14:15 horas de luns a venres e os luns pola tarde.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo de Galicia

A Consellería de Educación ven de publicar as directrices sobre o uso das máscaras no ámito educativo. Picha na imaxe para telo en PDF:

 

Cartel CEIP de Tabeaio '21 días co galego e máis... desde Carral'

Parabéns a Daniel Barreiro Roel, gañador do Concurso de Carteis do CEIP de Tabeaio!

Lembrade: Falamos galego do 19 de marzo ao 8 de abril!

CONCURSO de debuxo “21 días co galego e máis... desde Carral”

O CEIP Tabeaio, CEIP Vicente Otero, IES de Carral e Concello poñemos en marcha o Programa “21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS…DESDE CARRAL”.

 

Unha das primeiras actividades será o concurso para a creación dun cartel para o programa “21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS…DESDE CARRAL”.

 

As bases de participación son as seguintes:

 

Xestión de contactos estreitos COVID-19

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

ADMISIÓN CURSO 2022/2023: Apertura do prazo para solicitudes de admisión de alumnos/as

O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

                                                         

 

NÚMERO DE VACANTES DO CENTRO

  • 2º ciclo de Educación Infantil: 9 vacantes.
  • 1º e 2º de Educación Primaria: 11 vacantes.

*Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, reservaranse entre un mínimo dun 10 dez e un máximo dun quince por cento de postos escolares por unidade (incluídas no número total de vacantes ofertadas). No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.

 As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Concerto no Pazo da Ópera da Coruña

Esta semana os nenos de Infantil e Primaria do CEIP de Tabeaio desfrutamos do espectáculo 'A Volta ao Mundo en Menos dunha Hora' no Pazo da Ópera da Coruña. Aí tedes un pequeno video da nosa saída. Esperemos que o desfrutedes!!!

Entroido 2022!

Xa estamos a piques de que chegue o Entroido e dende o CEIP de Tabeaio imos a realizar ao longo da semana que ven (do 21 ao 25 de febreiro) os mandadiños da festa. Os tedes eiquí debaixo para que os vaiades preparando. Esperamos moita orixinalidade. Unha aperta! Que non pare a festa!

 

Distribuir contido