Ven a coñecer o CEIP de Tabeaio!

Se tes interese en coñecer o CEIP de Tabeaio solicita CITA PREVIA para a túa visita. Tes que mandar un mail a ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

ADMISIÓN CURSO 2022/2023: Apertura do prazo para a reserva de praza no CEIP Vicente Otero Valcárcel o vindeiro curso

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.

 

RESERVA DE PRAZA:

  • Para o alumnado que en 3º de Educación Primaria desexa continuar estudos no centro de adscrición (CEIP Vicente Otero Valcárcel).

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

  • A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica. Tamén poden consultar de xeito telmático o estado de tramitación da súa solicitude.

Merendas saudables en Primaria

Ola familias!

Un dos contidos a traballar en 1º e 2º de Educación Primaria e o deseño, de forma colectiva, dun menú semanal de merendas saudables para o recreo.

Ao final do primeiro trimestre elaboramos entre todos o menú que tedes a continuación e que poremos en marcha dende mañá para as merendas do recreo.

Unha aperta!

Menú semanal para descargar

Eleccións ao Consello Escolar

Ao non presentarse candidaturas de nais e pais para o Consello Escolar do CEIP de Tabeaio, e segundo recolle o 'artigo 39 do Decreto 374/96 do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria' "1. Dos representantes que lles corresponden aos pais no Consello Escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa...", proclámase como representate das nais e pais no Consello Escolar do CEIP de Tabeaio ao proposto pola ANPA non sendo, por tanto, necesaria ninguha votación. 

AXUDAS para a ADQUISICIÓN de MÁSCARAS

A Consellería de Educación ven de publicar a 'ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria en centros docentes públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22'.

 

O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material non terá que presentar a solicitude, se lles concederá automáticamente. 

Para o resto do alumnado, o prazo de solicitude é ata o 26 de novembro.

Toda a información a tedes no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_gl.pdf

A solicitude será presencial no centro cubrindo o anexo I do anterior enlace ou co formulario na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://www.sede.xunta.gal

Calendario das Eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias!

Trala constitución onte da Xunta Electoral, dende mañá ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro. 

O prazo de presentación de candidaturas rematará o vindeiro xoves 11 de novembro.

ACTUALIZACIÓN dos PLANS de ADAPTACIÓN e CONTINXENCIA

Ola familias!

Poñemos a disposición da comunidade educativa a actualización dos plans de Adaptación e Continxencia do CEIP de Tabeaio para o curso 2021/2022. Os podedes descargar no menú da dereita da web 'INFO COVID-19' ou no Menú de 'SECRETARÍA' - Documentos na esquerda da web.

Unha aperta!

Programa de Acollida á COVID-19 Curso 2021-2022

Ola familias!

Publicamos o 'Programa de Acollida á Covid-19' para este vindeiro curso 2021-2022.

Tamén está incluído o plan de adaptación para os nenos de nova incorporación.

Podedes descargalo pinchando AQUÍ ou accedendo no apartado SECRETARIA > Documentos

Unha aperta!

Libros de texto primaria curso 2021-2022

A continuación adxunto o documento coa LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO para EDUCACIÓN PRIMARIA para o CURSO 2021-2022.

 

 

Saímos na radio!!!

Esta semana viñeron de Radio Voz para entrevistarnos polo proxecto de 'Voz Natura' que fixemos no centro este curso: 'Carral no camiño'. Aí tedes un dos vídeos que nos grabaron na horta da escola e que subiron as redes sociais. En canto teñámolo audio da entrevista a subimos tamén a web.

Distribuir contido