ADMISIÓN 2021/2022: Documentación para a formalización da MATRÍCULA

A continuación detállase a DOCUMENTACIÓN NECESARIA para a formalización de la MATRÍCULA para o alumnado de 3 ANOS ou de NOVA INCORPORACIÓN:

Letras Galegas 2021. Xela Arias

Aí tedes o video que fixemos na escola para comemorar as Letras Galegas 2021. Partimos do poema de Xela Arias 'Todos os bebés son tu', recitado polos nenos de Primaria con fotos dos alumnos de toda a escola de cando eran bebés. Moitas grazas pola vosa colaboración.

ADMISION CURSO 2021/2022: Publicación das listaxes definitivas

Xa podedes consultar as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2021-2022.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro no patio cuberto, al lado da aula de Primaria.

TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado.

Xela Arias Castaño. Día das Letras Galegas 2021

Aquí vos deixamos un Genially feito pola escola sobre Xela Arias, a escritora a que este ano se lle rinde homenaxe no 'Día das Letras Galegas 2021'

 

Calendario Escolar CURSO 2021/2022

Estimadas familias!

Aí tedes o calendario escolar para o curso 2021/2022 no CEIP de Tabeaio!

Ademais dos días sinalados o centro escolleu como días NON lectivos o martes 7 de decembro de 2021 e o luns 16 de maio do 2022.

SE PINCHADES NA IMAXE FAISE MÁIS GRANDE

Actividades pola Semana do Libro

tedes unha escolma das actividades que fixemos na escola para conmemorar a semana do libro, co gallo do 23 de abril, día do libro.

Entre outras actividades fixemos un contacontos na biblioteca do cole, creación de marcapáxinas, as portadas cos contos favoritas dos nenos e nenas...

Para que poidades ver todo o que fixemos aí tedes un vídeo-resumo:

ADMISION CURSO 2021/2022: Publicación das listaxes provisionais

Dende hoxe martes 6 de abril, podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2021-2022.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro no patio cuberto, al lado da aula de Primaria.

TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado.

Entroido 2021 no CEIP de Tabeaio!

Ola familias!

Aí tedes un video resumo con todalas actividades que fixemos ao longo desta semana de Entroido nas aulas de Infantil e Primaria. Agradecemento especial a Paula, a nai de Artai e Hiar, que fixo dous sesións de contacontos para os nenos.

Tedes fotos no blogue de Infantil e no blogue de Primaria.

Esperamos que o desfrutedes! Unha aperta e bo Entroido!

Entroido 2021!

O Entroido está moi preto e dende o CEIP de Tabeaio imos a realizar ao longo da semana previa (do 8 ao 15 de febreiro) unha serie de mandadiños. Os tedes eiquí debaixo para que os vaiades preparando. Esperamos moita orixinalidade.

Distribuir contido