CURSO 2020/2021: Periodo de adaptación 3 anos

Ola familias,

O periodo de adaptación dos nenos/as de 3 anos comezará o vindeiro venres 11 de setembro e abarcará todo o mes de setembro. Nun adxunto tedes un PDF con toda a información detallada.

Unha aperta e moito ánimo!

 

MATERIAL 2020/2021: Listaxe de material para Ed. Infantil e Primaria.

Ola familias!

Achégase o listado de material para as aulas de Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2020/2021. Podédelo descargar nos adxuntos.

A entrega do material realizarase, para evitar aglomeracións un día de escola, o mércores 9 de setembro de 10 a 14h. Deberá vir todo nunha bolsa co nome do neno/a.

Moito ánimo e unha aperta!

 

FIN DE CURSO 2019/2020: Bo verán para todos!

Ola familias!

Hoxe é o derradeiro día de escola deste curso 2019/2020, tan accidentado pola COVID-19. Xa tedes a vosa disposición na aplicación abalarMóbil as cualificación finais dos nenos.

Sen festa de fin de curso, sen despedida para os rapaces/as de 2º de Primaria... deixámosvos este vídeo resumo con algunhas das cousas que fixemos este ano. Bo verán para todos! Vémonos en setembro!

 

ADMISIÓN 2020/2021: Documentación para a formalización da MATRÍCULA

A continuación detállase a DOCUMENTACIÓN NECESARIA para a formalización de la MATRÍCULA opara o alumnado de 3 ANOS ou de NOVA INCORPORACIÓN:

  • Impreso de formalización de matrícula onde se recolle tamén a manifestación expresa de que o pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión. Este impreso pode cubrilo no centro ou descargalo aqui, cubrilo e presentalo no centro.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

  • Informe médico ou fotocopia do calendario das vacinas correspondentes por idade.

ADMISIÓN 2020/2021: Publicación listaxes definitivas

Hoxe mércores 17 de xuño, fanse públicas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021 no CEIP de Tabeaio.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, al lado da aula de Primaria. Sempre haberá alguén entre as 10:30h e as a 13:30h.

Para qué se puede usar Chave365? - Xunta de Galicia

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

Para acceder á mesma, prema na imaxe.

Conjunto de libros y escaleras. Foto gratis

ACTIVIDADES 1º e 2º DE PRIMARIA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola familias!! Derradeira semana de traballo. Aquí tedes a proposta de tarefas, xa moi mermada en contidos e actividades. Tamén é preciso que os nenos vaian facendo a súa 'desescalada'. 

Moito ánimo! Apertas! Felices vacacións! Vémonos na escola!

ACTIVIDADES INGLÉS EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias! Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés en Educación Primaria para esta semana. Apertas!

ACTIVIDADES INFANTIL DO 15 AO 19 DE XUÑO

Última semana de curso e chegan as vacacións. Pero nós vamos adiantar as nosas e viaxamos a.... ÁFRICA!!!!

Recordade que me tedes dispoñible a través do teléfono e do correo electrónico (yessica_rodriguez2013@edu.xunta.gal). Agardo que vos divirtades e espero ver pronto os vosos traballos. Moito ánimo!

ADMISIÓN 2020/2021: Publicación de listaxes provisionais

Dende hoxe venres 5 de xuño, podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2020-2021.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, este curso NON podemos publicar as listaxes na web do centro por mor da Lei de protección de datos.

Podedes consultalas:

PRESENCIALMENTE: Acudindo ao colexio, as tedes no taboleiro, al lado da aula de Primaria. Sempre haberá alguén entre as 10:30h e as a 13:30h.

TELEMÁTICAMENTE: A través da aplicación admisionalumnado empregando Chave365 ou certificado dixital.

Distribuir contido