ADMISIÓN CURSO 2024/2025: Apertura do prazo para a reserva de praza no CEIP Vicente Otero Valcárcel o vindeiro curso 2024-2025

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e Orde do 21 de outubro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.

 

                    

 

 

RESERVA DE PRAZA:

  • Para o alumnado que en 3º de Educación Primaria desexa continuar estudos no centro de adscrición (CEIP Vicente Otero Valcárcel).

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

  • A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica. Tamén poden consultar de xeito telmático o estado de tramitación da súa solicitude.

As solicitudes en papel entregaranse no noso centro.

Para máis información poden consultar na web da Consellería de Educación premendo no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051