ADMISIÓN ALUMNOS/AS 2024-2025

                                                                    

NÚMERO DE VACANTES DO CENTRO:

-2º ciclo de Educación Infantil: 1 vacantes.

-1ºe 2º de Educación Primaria: 5 vacantes.

*Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, reservaranse 3 postos escolares en 1º de Educación Primaria.

No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.

As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.

 

ÁREA DE INFLUENZA DO CENTRO:

-Área de influenza do centro: lugares que comprenden as parroquias de San Martiño de Tabeaio e San Xián de Sergude.

-Área limítrofe: resto de zonas do Concello de Carral.

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

A solicitude realizarase, preferentemente, por vía telemática, a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 Para solicitar a admisión no CEIP de Tabeaio hai varias opcións:

  • Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Aí poderápresentar a solicitude de admisión e consultar o estado de tramitación da solicitude. É preciso dispoñer de certificado dixital ou da Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)
  • Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Pode cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
  •  Impreso para a solicitude de admisión: galego  castelán

 

Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado hai un manual para as familias no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

*As solicitudes deben vir asinadas polos 2 proxenitores, incluíndo a autorización para a consulta de datos de todos os membros da unidade familiar (firmar algún proxenitor polos menores de idade), de non autorizar esta deben achegar copia do DNI da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar. 

*Para a entrega de solicitudes pedirase cita previa no email: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal 

 

DOCUMENTACIÓN:

-Documento que acredite a idade do alumno ou alumna: DNI, pasaporte ou libro de familia (deberá traerse fotocopia e orixinal).

-Certificado de matrícula (no caso de estar matriculado noutro centro).

-Certificado de empadroamento municipal no que deben figurar todos os membros da unidade familiar, e no que conste como mínimo 1 ano de antigüidade no domicilio familiar, para efectos do baremo.

-Certificacións oficiais doutras circunstancias:

  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Convenio regulador en caso de separación dos proxenitores.
  • Informe dos servizos sociais en caso de situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.
  • É posible autorizar na solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto da renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Para isto é preciso marcar cun "X" en todas as casillas correspondentes e así non haberá que xustificalo documentalmente.

 

*Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitudes de admisión pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

*A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada (ata o 28 de febreiro) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

*O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado ten garantía de permanencia nel, polo que non requirirá un novo procedemento de admisión de alumnos, agás que implique cambio de centro. Este alumno perderá o dereito de permanencia no centro de orixe se figura admitido na listaxe definitiva de admitidos do novo centro.

*A admisión e matriculación nun centro público implicará respectar o proxecto educativo do centro.

 

PRAZOS:

-O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

No caso de que houbese máis solicitudes que vacantes, ábrese un prazo de 10 días hábiles (ata o 5 de abril), contados desde o día seguinte ao do remate do prazo para presentar solicitudes, para a presentación de maneira presencial da documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados.

-A relación provisional do alumnado admitido e non admitido poderá consultarse na secretaría centro, antes do 25 de abril.

Poderase formular reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.

Estas reclamacións consideraranse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

-A relación definitiva do alumnado admitido e non admitido poderá consultarse na secretaría do centro, antes do 15 de maio.

Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

-Todo o alumnado admitido para o próximo curso próximo, 2024-2025, debe formalizar a súa matricula cubrindo o impreso que se facilitará no centro, do 20 ao 30 de xuño.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección de Centros e Recursos Humanos sobre acordo de melloras na educación.