ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS 24-25: apertura prazo documentación complementaria

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para 4º de Educación Infantil para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles, ata o 5 de abril, para a presentación,  de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan.

Así mesmo, sinálase para esta solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34,2 da devandita orde. Pódese consultar o devandito número na secretaría do centro ou no taboleiro de anuncios da biblioteca.