ADMISIÓN DE ALUMNOS 2024-2025: Publicación listaxes definitivas

Hoxe, 6 de maio, xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o próximo curso 2024-2025 no taboleiro da biblioteca do centro.

Queda gardada na secretaría do centro unha listaxe definitiva coa puntuación obtida desagregada por criterios do baremo para a consulta por parte das persoas interesadas no proceso de admisión, tras sinatura dun documento de confidencialidade.

Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.

Todo o alumnado admitido para o próximo curso próximo, 2024-2025, debe formalizar a súa matricula cubrindo a documentación que se facilitará no centro, do 20 ao 30 de xuño.