Novas

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias!

Trala constitución hoxe da Xunta Electoral, dende o xoves 10 de novembro ás 9:00 horas ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral que estará dispoñible no centro. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro.

O prazo de presentación de candidaturas e reclamacións ao censo rematará o vindeiro xoves 17 de novembro ás 9:00 horas.

 

                                                  

INICIO DE CURSO 2022/2023

Ola familias, tal e como recolle a Resolución do 26 de maio de 2022 da Dirección Xeral de Educación, publicamos as instrucións para o inicio deste curso 2022/2023, entre as que destacan os seguintes aspectos:

  • Inicio de curso: 9 de setembro (o día 8 é festivo local).
  • Volta aos antigos horarios de entradas e saídas (detalles no apartado 3 do documento).
  • Reunión do período de adaptación o luns 5 de setembro ás 13:00 horas na aula de infantil. Acudir preferentemente un único responsable e sen nenos/as.
  • Secuenciación do período de adaptación (no anexo I do documento).
  • Reunións de inicio de curso: luns 12 de setembro. Educación Infantil ás 16:00 horas e Educación Primaria ás 17:00 horas. Acudir preferentemente un único responsable e sen nenos/as.

Xestión de contactos estreitos COVID-19

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Eleccións ao Consello Escolar

Ao non presentarse candidaturas de nais e pais para o Consello Escolar do CEIP de Tabeaio, e segundo recolle o 'artigo 39 do Decreto 374/96 do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria' "1. Dos representantes que lles corresponden aos pais no Consello Escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa...", proclámase como representate das nais e pais no Consello Escolar do CEIP de Tabeaio ao proposto pola ANPA non sendo, por tanto, necesaria ninguha votación. 

Calendario das Eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias!

Trala constitución onte da Xunta Electoral, dende mañá ábrese o prazo para a presentación de candidaturas e a consulta do censo electoral. Tamén as posibles reclamacións ao censo de existiren algún erro. 

O prazo de presentación de candidaturas rematará o vindeiro xoves 11 de novembro.

ACTUALIZACIÓN dos PLANS de ADAPTACIÓN e CONTINXENCIA

Ola familias!

Poñemos a disposición da comunidade educativa a actualización dos plans de Adaptación e Continxencia do CEIP de Tabeaio para o curso 2021/2022. Os podedes descargar no menú da dereita da web 'INFO COVID-19' ou no Menú de 'SECRETARÍA' - Documentos na esquerda da web.

Unha aperta!

CURSO 2020/2021: Normas, organización e horario de entradas e saídas

Ola familias!

Tedes abaixo nun adxunto a circular de principio de curso con algunha das novidades nas normas, organización e horario de entradas e saídas ao centro escolar.

Unha aperta!

AUTORIZACIÓNS 2020/2021: Declaración responsable familias Covid-19, autorización uso da imaxe e saídas escolares

Bo día,

Achégase o modelo de declaración responsable para as familias por mor da Covid-19 para o curso 2020/2021. Tedes na web da Consellería toda a información que precisedes. Para acceder pinchade na imaxe:

Tamén achéganse as autorizacións de uso da imaxe persoal e saídas escolares.

Sempre que vos sexa posible, e para evitar a manipulación innecesaria de documentos, é recomendable que os imprimades e os traiades asinados ao centro.

MATERIAL 2020/2021: Listaxe de material para Ed. Infantil e Primaria.

Ola familias!

Achégase o listado de material para as aulas de Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2020/2021. Podédelo descargar nos adxuntos.

A entrega do material realizarase, para evitar aglomeracións un día de escola, o mércores 9 de setembro de 10 a 14h. Deberá vir todo nunha bolsa co nome do neno/a.

Moito ánimo e unha aperta!

 

FIN DE CURSO 2019/2020: Bo verán para todos!

Ola familias!

Hoxe é o derradeiro día de escola deste curso 2019/2020, tan accidentado pola COVID-19. Xa tedes a vosa disposición na aplicación abalarMóbil as cualificación finais dos nenos.

Sen festa de fin de curso, sen despedida para os rapaces/as de 2º de Primaria... deixámosvos este vídeo resumo con algunhas das cousas que fixemos este ano. Bo verán para todos! Vémonos en setembro!

 

Distribuir contido