TICS

FIN DE CURSO 2019/2020: Bo verán para todos!

Ola familias!

Hoxe é o derradeiro día de escola deste curso 2019/2020, tan accidentado pola COVID-19. Xa tedes a vosa disposición na aplicación abalarMóbil as cualificación finais dos nenos.

Sen festa de fin de curso, sen despedida para os rapaces/as de 2º de Primaria... deixámosvos este vídeo resumo con algunhas das cousas que fixemos este ano. Bo verán para todos! Vémonos en setembro!

 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA OS NENOS

Ola familias! Aquí tedes algunha recomendación de recursos educativos para estes días:

Na televisión

  • "Aquelando ciencia"dende este luns 23 de marzo emitese de luns a venres as 11:30 na TVG2 o programa infantil de divulgación científica con experimentos de Aquelando ciencia "Aquelando tamén quedo na casa". Para máis detalles premede aquí.
  • Tamen na TVG2 pola mañá as 11h tedes 'Erase unha vez... O home' e 'Erase unha vez...Os expoloradores', e para os máis pequenos antes botan 'Cocorico' e 'Contos no Camiño'

Distribuir contido