Pedímoslles aos nosos nenos e nenas que pensaran cal era o seu libro favorito e velaquí tedes as respostas... dun xeito un tanto especial.
Seguro que vos gusta tanto como a nós!
O martes pasado desfrutamos dunha estupenda charla onde aprendemos sobre caixas nido, bolboretas e ata sobre esqueletos de animais!
Aprendemos unha morea de cousas novas!
A semana pasada voltamos compartir outro momento de lectura. Deste vez lemos "Oso sonámbulo" e encantounos.
Ese oso tiña moi mal humor!
O venres pasado inauguramos unha nova actividade: os VENRES DE CONTACONTOS.
Contamos o conto titulado "O cascabel da gata", que trata de Benita, unha gata moi despistada que perdeu o seu cascabel.
Onte desfrutamos, gracias a unha mamá da ANPA, dun taller de Entroido onde fabricamos unhas augamares cheas de cores e uns peixiños non menos coloridos.
Moi bo traballo!
A semana pasada chegamos á escola e atopámonos coa biblioteca toda desordenada!
Os nenos e nenas foron axudar a recoller e atopámonos cun elfo entre os libros. Era Snowball Alabastro, iso dicía no seu pasaporte. E enterámonos de que vai quedar con nós ata que chegue Papá Noel a noite de Nadal, pero mentres este elfo vai facer das súas cada día...
O Nadal xa chegou á nosa biblioteca e este ano contamos coa nosa mascota, o ratiño Coco.
Temos unha boa nova!
A nosa biblio xa ten a súa propia mascota. Apareceu despois dunha busca do tesouro moi divertida e, entre todos, decidimos chamarlle Coco.
Que aventuras vivirá a noso ratiño na nosa compañía?
Seguimos a investigar sobre os animais, mais nesta ocasión facendo uso dos ordenadores para informarnos sobre todo aquilo que se nos ocorra dos animais a investigar.
Descubrimos como é o esqueleto dun golfiño, que tipos de lobos existen e que comen os esquíos ou os morcegos, entre outras moitas cousas...
Taller de primeiros auxilios
O venres, como anos pasados, levamos a cabo un taller de primeiros auxilios a cargo de dúas mamás do cole (María e Lucía).
Tamén aprendemos a canción da reanimación.
Gracias, María e Lucía!