Activ. complementarias

O ratiño Pérez

O xoves pasado fomos de excursión ata A Coruña para desfrutar da obra de teatro "El Ratoncito Pérez".

 

Pasámolo de marabilla, encantounos a obra e desfrutamos moito durante a viaxe en autobús, cantando cancións e vendo onde vivían algúns amigos e amigas ao pasar por diante das súas casas.

Estamos desexando repetir!

 

No blog de cada aula podedes ver máis fotiños da saída.

 

Samaín e Magosto. AVISO: DÁ MOITO MEDO!

O martes desfrutamos dunha gran festa a cargo da ANPA "Os rapaciños".

Comemos castañas, desfilamos, comemos larpeiradas, tivemos un concurso de cabazas e desfrutamos dun contacontos!

 

Velaquí podedes ver o ben que o pasamos. 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido