Actividades

Investigamos sobre as plantas

Continuamos a nosa aprendizaxe sobre a vida que nos rodea, desta vez investigando sobre as plantas e o seu proceso de crecemento.

Descubrimos a nosa natureza

O martes pasado desfrutamos dunha estupenda charla onde aprendemos sobre caixas nido, bolboretas e ata sobre esqueletos de animais!

 

Aprendemos unha morea de cousas novas!

Hábitats en maqueta

E as nosas maquetas están listas!

Aprendemos sobre os diferentes hábitats e paisaxes e despois puxémolo en práctica nas nosas propias recreacións.

 

 

Raposos feitos con follas

 

Continuamos a nosa aprendizaxe sobre os seres vivos autóctonos e aproveitando que chegamos ao outono recollemos unhas follas caídas e decorámolas dun xeito moi orixinal.

 

Acudimos a internet para investigar

Seguimos a investigar sobre os animais, mais nesta ocasión facendo uso dos ordenadores para informarnos sobre todo aquilo que se nos ocorra dos animais a investigar.

Descubrimos como é o esqueleto dun golfiño, que tipos de lobos existen e que comen os esquíos ou os morcegos, entre outras moitas cousas...

 

As partes do corpo dos animais

Comezamos a investigación sobre o corpo humano e, como non, traballamos tamén as partes do corpo humano de diferentes animais.

 

 

Unha vez recollidas as diferentes informacións levámolas ao noso caderno de campo.

Un becho estraño

Iniciamos o coñecemento do corpo humano lendo o conto "Un becho estraño" e aproveitamos para crear o noso propio ratiño.

Onde viven os animais?

Aproveitando que estamos a traballar as partes da casa e os tipos de localidades (cidade, vila e aldea) puxémonos a investigar onde viven diferentes animais autóctonos. 

 

 

 

Modelamos animais

Continuamos co noso proxecto, modelando en plastilina diferentes animais.

 

 

A viaxe das bolboretas

O noso entorno está cheo de seres vivos e, para seguir profundizando no seu coñecemento, lemos o libro "A viaxe das bolboretas" e descubrimos gran cantidade de insectos que podemos atopar ao noso arredor. Recreámolos empregando plastilina.

Distribuir contido