Carreira pola paz

O luns 30 de xaneiro, co motivo do Día da Paz, faremos unha carreira solidaria para recoller alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas.

Precisamos da vosa colaboración e voluntariedade e que aportedes un bote/paquete dun alimento non perecedero ( legumes, arroz, pastas, conservas...) que poderán traer os nenos e nenas dende este mércores 25 ata o propio luns 30, día en que faremos a donación.

Back to top