Comunicación sobre a instalación de Puntos ARCOIRIS e realización de obradoiros para a prevención de violencias LGTBOFÓBICAS nos centros de ensino municipais.

Como cada ano, o Concello de Oleiros quere facer explícito o seu compromiso en seguir traballando en prol dun municipio libre de violencias machistas, entendendo que o recoñecemento da diversidade sexual e de xénero e a erradicación das violencias LGTBIfóbicas son imprescindibles para acadar unha sociedade verdadeiramente xusta, libre, igualitaria e democrática.

Por este motivo, desde o Servizo de Asistencia Técnica de Igualdade do Concello de Oleiros (SATICO) realizaranse actividades de sensibilización co alumnado dos centros educativos para a conmemoración do 17 de Maio de 2024, Día Internacional contra a LGTBIfobia. Nesta liña, o Concello de Oleiros instalará, entre o 9 e o 23 de maio, nos centros de ensino municipal un Punto Arcoiris.

Os Puntos Arcoiris son puntos de información, sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero, e para a prevención, detección e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas, conformados por un equipo de profesionais en materia de xénero, diversidade e violencias. Destes estes Puntos proporcionaráselle o alumnado información sobre os diferentes tipos de violencias; os recursos e servizos especializados na materia, e sobre temas de interese e preocupación en materia de diversidade que eles e elas mesmas queiran expor.

Paralelamente á instalación dos Puntos Arcoiris realizaranse obradoiros participativos co alumnado arredor das violencias LGTBIfóbicas e a diversidade sexual e de xénero, co obxectivo de reflexionar arredor de ditas violencias e darlle visibilidade ás vivencias e realidades das persoas LGTBIQA+.

O SATICO é un servizo aberto e participativo, de asesoramento e sensibilización dirixido a toda a cidadanía, a través do cal dáselle resposta a calquera dúbida, necesidade ou problemática en materia de xénero, igualdade, diversidade e violencias machistas, traballando tanto coa poboación a título individual como cos e coas profesionais, colectivos, asociacións e entidades do tecido asociativo, empresas, centros de ensino, clubs deportivos e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais presentes nos municipio.

Back to top