Robótica no Valle-Inclán

O colexio, a través da comisión TIC, participa nun proxecto de robot educativo aberto (Escornabot) da man da asociación BricoLabs para iniciar os nenos e nenas do 5º nivel no campo da robótica e a programación.
Dito proxecto espertou interese na Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a cal, solicitou permiso á dirección do centro para que a Televisión de Galicia puidese facer unha breve reportaxe sobre o devandito proxecto.

Grazas por este fantástico préstamo do que sairá un novo membro para a familia Escornabot.

Back to top