RESERVA DE PRAZA NO IES XOSÉ NEIRA VILAS

Á ATENCIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

Xa está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para continuar os estudos no IES XOSÉ NEIRA VILAS: do 1 ao 15 de febreiro de 2018

O formulario pode ser cuberto de xeito manual e entregalo na Secretaría do CEIP Valle Inclán ou a través da aplicación informática “admisionalumnado”,   no menú Solicitudes - Reserva - Crear solicitude de reserva.

A formalización de matrícula será no IES Xosé Neira Vilas do 25 de xuño ao 10 de xullo.

No caso de querer cursar a ESO noutro IES, deberá presentar a solicitude de admisión no Instituto da súa elección do 1 ao 20 de marzo.

CHARLA ABERTA

O próximo mércores 13 de setembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina, terá lugar unha charla aberta sobre Disciplina Positiva.

Esta charla está aberta a todas persoas interesadas e ademais de explicar mais polo miúdo en que consiste a Disciplina Positiva, con exemplos e mensaxes claras, presentarase o proxecto Oleiros Educa Bonito, un obradoiro de 8 sesións de 2 horas cada unha dirixido a familias con menores de 0 a 6 anos no que se poderán inscribir a partir do día seguinte.

INICIO DO CURSO 2017/18

Benvidos a un novo curso escolar.

Comezamos o próximo luns, 11 de setembro en horario completo, excepto o alumnado de 4º de ed. infantil que comezará co período de adaptación.

Lembrade que tamén comezarán a funcionar este mesmo día os servizos de transporte, madrugadores, comedor e actividades.

FELIZ CURSO 2017/18!

RECOLLIDA DE LIBROS

DENDE O DÍA 7 ATA O 14 DE XULLO PÓDENSE RECOLLER OS LIBROS DO "FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO" DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

LUGAR: SECRETARÍA

HORARIO: DE 9.00 A 14.00 H.

Festival Infantil

   

  

Distribuir contido

Back to top