Skip to Content

CELEBRACIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS14-12-12

O venres día 14 de decembro, celebrouse na biblioteca do noso centro o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS ademais da IX Carreira Kilómetros de solidariedade da ONG Save the Children, este ano adicado ao Sahel (Níxer). A carreira non se poido levar a cabo polo mal tempo, pero si o resto dos actos previstos. Tamen se recadaron, como tódolos anos, cartos para enviar á ONG, que nestes días se ingresaran na conta correspondente.


RECITAL DO POEMA DE CELSO EMILIO FERREIRO "Deitado frente ao mar". 12-12-12

O día 12 de decembro de 2012, ás 12:00 horas da mañá, tivo lugar na Biblioteca do centro un recital por parte de alumnos/as do colexio do poema de CELSO EMILIO FERREIRO titulado "Deitado frente ao mar", co gallo da conmemoración do 100 aniversario do nacemento do escritor galego. Picando na foto veredes as fotos de este recital. Picando no mural, veredes a páxina web do artista, onde podedes sacar máis información.


 

CAMPO A TRAVÉS COMARCAL EN NEGREIRA 03-12-12

O luns día 3 de decembro de 2012, celebrouse no circuito de Campo a Través de Negreira (en fronte ao IES Xulián Magariños) a Fase Comarcal de Campo a Través escolar. Os nenos anotados para ir correr esta carreira xa levaron a información pertinente para os seus pais. A proba comezou ás 11 horas e a participación dos/as nenos/as foi fantástica. Reseñar a medalla de 3ª clasificada da alumna de 3º curso SHEILA LAGO SILVA. NORABOA A TODOS!!!!! Pica na foto para ver as fotos dos nosos atletas.


APOIO AO SECTOR LEITEIRO 28-11-12

En apoio ao sector leiteiro, os nenos e nenas do centro confeccionaron unha serie de lemas para reivindicar que o prezo do leite é moi baixo. Se queredes botarlle un vistazo a estos lemas, podes velos entrando no no blogue da biblioteca.

EXCURSIÓN A FEIRACO E LÁCTEOS PÉREZ PARA PRIMARIA 28-11-12

O mércores día 28 de novembro de 2012, fomos de excursión cos/as alumnos/as de primaria a visitar ás 10:30 as instalacións de Feiraco e ás 12:15 visitamos as instalacións de Lácteos Pérez na Pereira. Ao rematar viñemos xantar ao centro. Os alumnos de infantil irán tamen a Lácteos Pérez, pero ainda está a data sen concretar. Esta actividade é organizada polo Concello de Mazaricos que financiará os autobuses. 


   


  

ACTUACIÓN DE SON+D2 CON XOÁN CURIEL NA PICOTA 15-11-12

O xoves día 15 de novembro de 2012, en horario de 11:30 a 13:00 horas, vimos na Aula da Cultura do Concello de Mazaricos a actuación do grupo musical Son+d2 co músico XOÁN CURIEL, facendo un percorrido pola Historia da música. Se queredes entrar nesta Proposta de Concerto Didáctico, picade na proposta.


 

O MAGOSTO 09-11-12

O venres día 9 de novembro pola tarde, celebraremos O MAGOSTO. Ás 3 da tarde teremos a actuación do HOME ORQUESTRA, actividade que se organiza a través dun convenio entre a Deputación e a Anpa, e que quedara aprazada do curso pasado. Ás 4 da tarde comeremos as castañas, asadas previamente. Para ver máis fotos, picade el calquera de estas.


     

ESCENIFICACIÓN DOS ALUMNOS DE 4º E 6º DE PRIMARIA 31-10-12

O mércores 31 de outubro, ás 12:20 e coincidindo coa hora de ler, os alumnos de 6º e 4º de primaria fixeron dúas escenificacións na biblioteca do centro. Os alumnos de 6º relatarón e escenificaron un conto popular ruso que leva por título A BRUXA REGAÑADENTES, e os alumnos de 4º cantaron unha canción típica mexicana sobre AS HORAS E AS CAVEIRAS. Se queredes ver fotos de esas actuacións, picade en calquera das fotos que aparecen eiquí.


 


 

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS E RELATOS DE MEDO. SAMAÍN 2012

Os/as gañadores/as do CONCURSO DE CABAZAS 2012 foron os seguintes:


(PARA VER AS FOTOS DO CONCURSO, PICADE EN CALQUERA DAS FOTOS QUE APARECEN A CONTINUACIÓN)


ED. INFANTIL: Jorge Lema Zamora (4 anos)


1º CICLO PRIMARIA: Andrea Carballo Pombo (2º)


2º CICLO PRIMARIA: Adrián López Castiñeira (3º)


3º CICLO PRIMARIA: Xabier París Moledo (5º)


               



E os/as gañadores/as do CERTAME DE RELATOS DE MEDO 2012 foron os seguintes:


ED. INFANTIL: Tódolos nenos de Ed. Infantil


1º CICLO PRIMARIA: Ainhoa Cal Currais (1º)


2º CICLO PRIMARIA: Uxía Dacunha París (4º)


3º CICLO PRIMARIA: Paula Germil Calo (5º)


                   



   


Estos RELATOS DE MEDO, podédelos visualizar completos picando en cada un deles ou no noso BLOGUE DA BIBLIOTECA.

PROXECTO ESCOLAR 12-13: A MULTICULTURALIDADE

En coordinación entre a Comisión de Biblioteca e o Equipo de Normalización da Lingua Galega, escollimos para este ano como Proxecto Escolar 12-13, o tema da MULTICULTURALIDADE. Os diferentes cursos adicarán tarefas de aula a desenrolar proxectos adicados a esta temática durante todo o curso. Estes traballos tam´´en se verán reflexados nas diferentes actividades que se realizarán ao longo do curso: Nadal, Entroido, etc...


  


As titorías xa escolleron os países que van traballar: infantil: América; 1º e 2º: os esquimais; 3º: Culturas Orientais (China e Xapón); 4º: India; 5º: África e as Illas Canarias; e 6º: Rusia. Tamén solicitamos a algúns centros libros ilustrativos para levar adiante esta temática (por exemplo o C.E.I.P. de Louro).


 

SAMAÍN 2012

O 31 de outubro, e días antes, celebraremos a festividade do SAMAÍN no colexio con diversas actividades. Entre elas o III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO (organizado dende a comisión de biblioteca e o ENLG). Tamén a partir do luns día 29 comezará o CONCURSO DE CABAZAS como tódolos anos. Este ano en vez de levar a cabo obradoiros, teremos o visionado de películas para os diferentes ciclos sobre o medo. Xa temos no centro unha morea de cabazas, ben traballadas, para participar no Concurso de Cabazas 2012-2013, que se celebra no centro.

OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS 3º CICLO PRIMARIA

Os días 17 e 26 de outubro de 2012, leváronse a cabo no centro uns OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de ed. primaria, organizados polo Equipo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas da Asociación NERIA. Traballouse nestes obradoiros a AUTOESTIMA, a ASERTIVIDADE e a PRESIÓN DE GRUPO, saber dicir que non a través de xogos de rol. Eiquí tedes a todo o grupo cos traballos realizados. Pica nesta foto para ver máis.


SAÍDA DIDÁCTICA: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME 28-09-12

Como ben sabedes o curso pasado desenvolvimos no centro moitas actividades relacionadas co bosque. Unha das actividades que máis ilusión nos facía tanto aos ao alumnos como aos profesores era unha visita ás FRAGAS DO EUME, que tivemos que aprazala por motivos climatolóxicos. Esta vez si, e como di o refraneiro popular "Máis vale tarde, que nunca" a hora chegou. O venres día 28 de setembro, visitamos este Parque Natural cos alumnos de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, saindo do centro ás 10 da mañá e regresando ás 16:30 da tarde. Fixemos unha visita-camiñata guiada polas fragas de 12:00 a 14:00 horas, e despois xantamos na alameda das fragas, bocatas e demais comida preparada polo comedor, voltando para o colexio e chegando ás 16:30 horas para que os alumnos colleran os buses de camiño a casa, como é habitual.


LIBROS DE TEXTO 2012-2013

                                     

Distribuir contido


by Dr. Radut