Skip to Content

INICIO DO CURSO 23-24

O luns 11 de setembro comezamos este novo Curso 23-24. Esperemos que sexa continuación de todos estes anteriores cursos. Para comezar o día o mestre de Música Óscar preparou unha canción para darnos todos a coñecer e romper o xeo do 1º día. BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 23-24!!!!!

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 23-24

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

O 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECA. E no noso centro, para celebralo, tivemos unha actividade, o martes día 25 de outubro, co grupo GALEATRO que representou en dúas sesións na Biblioteca do cole "AS AVENTURAS DE MARIÑA" sobre o exceso de plástico nos nosos mares, enlazando así co noso Proxecto Integrado de Centro sobre "A PEGADA ECOLÓXICA".

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER RURAL 15-10-22

Hoxe 14 de outubro celebramos o DÍA DA MULLER RURAL. Grazas a moitas das mulleres que se adican á agricultura, que labran a terra e plantan sementes, nacións enteiras poden alimentarse. Para conmemoralo, xuntámonos todos no pasillo do centro e entre outras actividades, o alumnado de 6º de primaria fixo unha lectura para recalcar o labor da muller no campo; despois visualizamos no pasillo os debuxos que se fixeron nas aulas para tal conmemoración; e finalizamos esta celebración sacando todo o alumnado unha foto co noso maravilloso mural sobre a muller rural, que se atopa na entrada ao centro. Con estes actos queremos facerlles unha homenaxe, porque valoramos moito o seu esforzo, a súa adicación, e porque nos sentimos moi orgullosos delas. Parécenos un traballo moi digno, nun entorno privilexiado, e gustaríanos que todas as nenas do cole que soñan con traballar no rural o teñan máis doado.

CONCURSO DE CABAZAS 2022 - SAMAÍN

Como ben sabedes pronto chega a festa do SAMAÍN, e no centro pensamos que é importante celebrar as nosas tradicións, polo que, entre outras actividades, convocamos unha nova edición do "CONCURSO DE CABAZAS".

Lembrade que o obxectivo desta actividade é realizar un traballo en equipo, colaborando todos os membros da familia que poidan e queiran: as persoas maiores encargaranse de cortar, baleirar o seu interior, etc.; as nenas e nenos poden pintar, colorear, etc.

MOI IMPORTANTE: Recordade que a temática deste curso 22-23 no centro é "A PEGADA ECOLÓXICA"

Unha vez rematadas, traerémolas ao colexio para expoñer no corredor, onde lle será asignado un número para realizar a votación das que máis nos gusten. Para evitar que podrezan, comezaremos a colocales o luns, 24 de outubro, e a data límite para entrar no concurso será o mércores, 26 de outubro. O venres día 28, entregaranse os premios ás tres cabazas que máis votos reciban.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!

Picando no cartel tedes toda a información do Copcurso e máis...

OBRADOIROS CON AYUDA EN ACCIÓN: DEREITO Á PARTICIPACIÓN INFANTIL 13-10-22

O xoves día 13 de outubro de 2022, en horario de mañá, levamos a cabo coas nosas compañeiras de Ayuda en Acción Lorena e Jenni, uns obradoiros para 3º e 4º de primaria e para 5º e 6º de primaria, co fin de traballar o DEREITO Á PARTICIPACIÓN INFANTIL. Traballouse en grupos e expoñendo ideas e tomando decisións, co fin de que a todos os nenos e nenas se lles teña en conta. As ideas aportadas foron recollidas para envialas con posterioridade á Plataforma de Organizacións da Infancia en Galicia, que con estas opinións dos rapaces, daranlle luz e as terán en conta na celebración do DÍA DA INFANCIA o vindeiro 20 de novembro.

BENVIDA 22-23

REVISTA ESCOLAR "O SANCOSMEIRO" Nº 34

PICANDO NA IMAXE DE PORTADA DA REVISTA ESCOLAR "O SANCOSMEIRO" Nº 34 PODEREDES VELA AO COMPLETO. FELICES VACACIÓNS E ATA A VOLTA!!!!!!!

TOUPICIENCIA E A XANELA DO MAXÍN VISITAN A NOSA BIBLIOTECA 24-05-22

Tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Mario pertencente á Compañía Teatral "A XANELA DO MAXÍN" co seu espectáculo TOUPICIENCIA. Mario xunto coa Toupiña transformaron un anaco da Biblioteca nun laboratorio no que quedou moi claro que o máis importante é ler para descubrir cousas fantásticas. Aquí vos quedan as imaxes de ese día.

VISITA DE JORGE MIRA: ¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? 23-05-22

O título desta noticia ten que ver cun libro do físico e divulgador científico JORGE MIRA, que nos visitou o luns 23 de maio. Falou con nós sobre os tamaños dos Planetas que forman o Sistema Solar, axudándonos a descubrir enormes distancias no patio por grupos de alumnos identificando a cada grupo cun planeta. A experiencia foi moi divertida e deu moito para a reflexión. Un enorme orgullo contar con personalidades como Jorge. Eiquí quedan as fotos de ese día.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CIENTÍFICA BAIXO O MAR 19-05-22

Recibimos no cole a Sara Carrasco e Silvia Iglesias que forman 13 GRADOS que é unha cooperativa creada no 2020. Así levaron adiante un Obradoiro sobre ILUSTRACIÓN CIENTÍFICA. Os nenos observaron a natureza do fondo mariño para logo debuxala e coloreala. Foi unha actividade que nunca olvidarán xa que como recordo de ese día quedáronlles unhas ilustración espectaculares.

EXCURSIÓN A CORUÑA: PALACIO DA ÓPERA, ACUARIO E CASA DAS CIENCIAS 13-05-22

O día 13 de maio fixemos unha EXCURSIÓN Á CORUÑA todo o cole. O alumnado de 5 anos visitou o Planetario na Casa das Ciencias e ao rematar foron co outro grupo0 de Infantil e 1º e 2º de Primaria a visitar o Acuario. Por outro lado o alumnado de 3º a 6º de Primaria, asistiron a un Concerto no Palacio da Ópera, no que a Orquetrs Sinfónica interpretou temas de Walt Disney. Vede que fotos tan chulas¡¡¡¡¡

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC 05-05-22

O pasado día 28 de abril foi o DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC, e no cole fixemos varias actividades para celebralo. Unha delas, a máis emotiva, foi a de invitar ás familias a vir ao centro e falarnos sobre como a tecnoloxía mellorou as nosas vidas e os nosos traballos. Acompañáronnos Estefanía, Simón e Mónica, Nais e pai do alumnado de 3º e 4º de Primaria. Os tres fixeron unha exposición dos seus traballos en tres ámbitos diferentes: o forestal, o administrativo e o da saúde bucodental. Gracias a todois eles.

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA 5º E 6º DE PRIMARIA 28-04-22

O alumnado de 5º e 6º de Primaria foron de excursión a PONTEVEDRA, dentro das actividades programadas do Proxecto Terra. Pasearon pola cidade do Lérez, cunha guía que lles comentou as cousas máis salientables de tan fermosa cidade. Visitaron a oficina de Información e Turismo e se achegaron ao Museo de Pontevedra e ao Museo Castelao. Xantaron nun parque onde tamén poideron xogar un ratiño, rematando a excursión cunha visita a Lourizán onde atopamos o Pazo de estilo modernista. Foi unha xornada entretenidísima. Picade nas fotos para ver as de ese día.

 

"MOZART Á GALEGA". CUARTETO DE CORDA DA RFG 25-04-22

Recibimos a visita moi especial: un CUARTETO DE MÚSICA da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, auténticos profesionais. A frauta travesera tocada por Luís Soto, o violín por Nikolay Velikov, a viola por Ioana Ciobotaru e o viloncello tocado por Millán Abeledo. Estiveron case que toda a mañá tocando música de Mozart e deixaron aos nenos e nenas tocar os seus instrumentos. Unha clase moi didáctica. Todo xurdiu a raíz do libro que temos no Clube de Lectura de Fina Casaderrey "O xenio da Cidade do Sal". Un maravilloso día de exquisita música. Podedes ver as fotos eiquí.

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS CON ¿BRINCA VAI! 08-04-22

Para despedir o 2º trimestre de curso, tivemos a sorte de facelo cun Concerto de PACO NOGUEIRAS co fin de celebrar o "Día mundial da Radio" e para iso nos trouxo o seu espectáculo ¡BRINCA VAI! cunha grande variedade de cancións e moitos instrumentos. Cas fotos ides a alucinar¡¡¡¡

OBRADOIROS DE "CIENCIA EN MOVIMIENTO" 05-04-22

Adicamos esta semana á Ciencia con duas sesións de CIENCIA EN MOVIMIENTO en dous días diferentes. Así Suso e Amparo trouxeron propostas relacionadas cos Planetas e a Astronomía, proxecto que estamos a traballar neste curso no cole. Así un día foron os de Infantil e 1º e 2º de Primaria os que disfrutaron destes obradoiros e ao día seguinte o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Traballamos o Sistema Solar, Os Planetas, as Fases da Lúa, etc... e fixemos experimentos moi interesantes. mIRADE QUE FOTOS MÁIS CHULAS!!!!!

OBRADOIRO "PENEIRANDO EMOCIÓNS" 01-04-22

A principios de abril, levamos a cabo no cole un Obradoiro de Emocións con todos os grupos do cole. Este correu a cargo do grupo "Aquelar psicoloxía". Neste obradoiro traballouse a Intelixencia Emocional a través dun conto no que se desenrolaban diferentes situacións.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 22-23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022-2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022 (código procedemento: ED330B).

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES É DENDE O DÍA 19 DE MAIO ATA O DÍA 22 DE XUÑO DE 2022 E PÓDESE PRESENTAR NO CENTRO OU DE XEITO TELEMÁTICO COA CHAVE 365

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para o alumnado que vaia a cursar 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

- Axudas para a adquisición de libros de texto: só para o alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

- Axudas para a adquisición de material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar educación primaria, cando reúnan os requisitos establecidos na Orde.

 

ENLACE AO FONDO LIBROS

ENLACE AO MANUAL DE USUARIO DE FONDO LIBROS

ANEXO I E ANEXO II

CIRCULAR INFORMATIVA DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

ADMISIÓN ALUMNADO 22-23 (ADMITIDOS/AS)

Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2022-2023, informamos que TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS, non superando en ningún caso a oferta da vacantes do centro. Do 20 ao 30 de xuño, será o período de formalización de matrícula.

PRIMEIRO RECREO SEN MÁSCARAS 22-03-22

E por fin, chegou o día. O día no que case parece que estamos na normalidade anterior a toda esta pandemia que levamos padecendo durante dous longos anos. Hoxe o alumnado puido, no recreo da mañá e despois de xantar, quitar as máscaras no patio e disfrutar a tope. Puxemos uns estantes na saída ao patio para que cada grupo deixara alí as súas máscaras cos seus gardamáscaras. A partir de agora, a disfrutar, con sentidiño, pero sen máscara!!!

0 COLEXIO CUMPRE 50 ANOS!!!

O edificio onde se atopa a escola cumpre este curso 50 ANOS!!!Cantas persoas pasaron por este espazo: alumnado, profesorado, familias, persoas que nos visitaron, etc...Nestas paredes hai moitos anos de Historia. Nós quixemos conmemoralo dalgún xeito e decidimos poñelo un pouco máis chuli que do que estaba. Así falamos con Brais, un rapaz que forma parte do colectivo "Vella Escola", que se adica a realizar "cultura urbana" e transformou a parede do ximnasio nunha verdadeira obra de arte, coa inestimable axuda do alumnado de 3º a 6º de primaria. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Picade nas imaxes para ver dita transformación.

NO COLE DICIMOS "NON Á GUERRA" 18-03-22

"NON Á GUERRA" e o lema que colocamos nas fiestras do cole como rechazo ante calquer tipo de violencia, conflito armado, etc... No cole celebramos un acto conxunto, colaborando tamén na recadación de fondos a través da ONG Save the Children, lendo un Manifesto e bailando unha canción do folclore ucraíno titulada "Oi u haiu". Picando nas imaxes poderedes ver fotos e vídeos de ese día.

CINEDOMEVR 360º NO COLE 18-03-22

O venres 18 de marzo recibimos no noso cole a visita de Pau que nos trouxo o seu Planetario-Cine 360º inchable para amosarlle ao alumnado de infantil e primaria varias pelis sobre o Universo e o noso planeta. Despois saimos ao patio para facer uns Obradoiros de Astronáutica, mediante o lanzamento dun foguete e a realización de xogos sobre o sistema solar. Veredes máis fotos picando nas imaxes.

VISITA O NOSO COLE "AYUDA EN ACCIÓN" 17-03-22

A ONG "Ayuda en Acción" que desenvolve un proxecto no noso colexio dende o pasado curso, estivo esta semana no cole para ter reunións co profesorado, a ANPA e o alumnado, para analizar a situación na que nos atopamos e sacar conclusións de que camiño queremos seguir. Moitas grazas por todo!!!!!!

VISITA DE JOSEFINA F. LING. UNHA MULLER ASTRÓNOMA 09-03-22

Fixemos unha actividade máis relacionada co proxecto deste curso. Visitounos unha Astrónoma experta JOSEFINA F. LING, que traballa no Observatorio Astronómico Ramón María Aller en Santiago de Compostela, e cuio principal traballo e observar e estudar as ESTRELAS DOBRES. Tamén é a comisaria da Exposición "Astrónomas" que tivemos exposta no pasillo do colexio. Tivo unha charla cos nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º na Biblioteca e logo cos de 3º a 6º de Primaria. Fixéronlle moreas de preguntas e todos quedamos abraiados coa súa presenza. Picade nas imaxes para ver as fotos de ese día.

QUEIMA DO MECO E DOS MEDOS 04-03-22

Despois das vacacións de Entroido, levamos a cabo unha actividade para rematar con esta celebración: A QUEIMA DO MECO. Fixémolo no patio o 1º día de bo tempo e xunto co Meco tamén queimamos OS MEDOS metidos nunha caixiña, para que o lume levara todo. Mirade as fotos.

KOTE MALABAR PARA CELEBRAR O ENTROIDO 25-02-22

Trouxemos ao centro unha actividade para celebrar o Entroido, KOTE MALABAR que fixo malabares, técnicas de circo, teatro cómico, e mesmo tragaba lume pola boca. Fixo as delicias de nenas, nenos, mestres e familias que asistiron a este espectáculo circense. Picade nas imaxes para ver máis cousas que ocurriron ese día.

MANDADIÑOS DO MECO 2022

Este ano foi un pouco diferente, pero aínda así o MECO fixo que o disfrutaramos do mellor xeito posible, animándonos a traer diferentes complementos ao longo da semana. Así viñemos con estrelas, con gafas enormes, capas voadoras, vestidos de branco-negro e con gorras moi orixinais. Pasámolo de maravilla. Para ver máis momentos, picade nas imaxes.

DÍA DE ROSALÍA COA MÚSICA DE TRUQUE MATRUQUE 23-02-22

Dentro das moitas actividades programadas para celebrar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, ocurríusenos a idea de traer ao centro a TRUQUE MATRUQUE para cantar versos de Rosalía. Para ver máis fotos picade nas imaxes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut