Recomendámosche

EL ULTIMÁTUM EVOLUTIVO

Corto que narra a visión que teñen os marcianos da vida na Terra e da Humanidade. 

A FISH WITH A SMILE

Corto basado nun conto do autor taiwanés Jimmy Liao:

 

RECOMENDACIÓNS NADAL 2009. 3º CICLO

 

 GENEALOGÍA DE UNA BRUJA. Sébastien Pérez e Benjamin Lacombe. Edelvives.

Caixa regalo que contén dous libros belamente ilustrados. Un álbum no que Lisbeth, unha nena normal que ten o don de acabar as frases que din os demais, descubre na casa da súa avoa un libro que lle desvelará quen é en realidade.

A caixa tamén contén o libro que atopa Lisbeth: unha orixinal xenealoxía de bruxas que percorre lendas, mitos, feitos reais e tradicións ao longo da historia.

 

 LAS BRUJAS.  Roaldh Dahl. Alfaguara.

As bruxas de todo o mundo, baixo a aparencia de señoras correntes, están celebrando a súa convención anual. decidiron aniquilar a todos os nenos. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico.

 

 HISTORIA DE GALICIA. Pepe Carreiro. A Nosa Terra.

Para coñecer os acontecementos mási importantes da nosa historia, dunha forma amena e cunhas ilustracións moi divertidas.

 

 OS MEGATOXOS ( 3 Títulos)

Os megatoxos e o aprendiz de druída.

Os megatoxos e espada esmeralda.

Os megatoxos e os templarios da luz.

Anxo Fariña. A Nosa Terra.

Unha novela xuvenil con moita acción e intriga escrita e ilustrada por Anxo Fariña.

 

 LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO. Lucy & Stephen Hawkings. Montena.

Aventuras de George, o estudiante de bachiller machacado pola pandilla de "matoncillos" ignorantes e Annie, a filla de Eric, científico que posee o máis potente ordenador do mundo chamado Cosmos.

Teñen o privilexio de sair ao espazo exterios e coñecer a través de unha fantasía moi científica, como é ese lugar tantas veces visitados pola mente de este gran sabio que é Stephen Hawking

 

 QUERIDO HIJO: ESTÁS DESPEDIDO. Jordi Sierra i Fabra. Alfaguara.

Pode unha nai despedir o seu fillo? Pois iso foi o que lle ocorreu a Miguel por desordenado, por traveso e por desobediente.

Trascorrido o prazo de trinta días que lle deron, ten quedeixar a súa casa.

 

 EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA. Jordi Sierra i Fabra. Anaya

A profesora de Lingua, Soledad, está farta de que os seus alumnos non se esforcen na clase. A súa desesperación chegou a tal límite, que lles comunica unha seria noticia: antes de rematar o día, asesinará a un deles, se non consiguen detala antes.

 

 AIRE SONORO. Antonio García Teijeiro. Ir Indo Edicións.

Os instrumentos da orquestra interpretan a súa melodía: o violín, a viola, o violonchelo, o piano, a harpa, a guitarra, a trompeta, o trombón, o saxo, a frauta, o oboe, a tuba, a gaita ou o timbal. todo eles participan ( nalgúns casos, como o piano, en varias partituras- poema) nesta sinfonía na que os olores e as cores combinan sinestesicamente co ritmo deste aire con son a xeito de canto coral.

 

 EL VIAJE DE DOBLE P. Fernando Lalana. Bambú.

Doble P é un extraterestre que vive moi aburrido no seu asteroide Jijo. O seu planeta favorito é a Terra. Así que un bo día decide lanzarse ao espazo e dirixirse cara alí, xa que a súa curiosidade polos humanos atraille moitísimo.

Poderá facerse amigo deles?

 Serán amigos realmente divertidos?

Cando aterrice no noso planeta atoparase cunha sorpresa maiúscula...

RECOMENDACIÓN DE NADAL 2009. 2º CICLO

 

 MODALES. Aliki. Juventud.

Mediante ilustracións os nen@s teñen que adiviñar as formas correctas e comportarse na casa, en sociedade e cos seus amigos.

 

 29 HISTORIAS DISPARATADAS. Úrsula Wölfel. Kalandraka.

Unha das virtudes da autora é o sentido do humor co que aborda as pequenas historias dotiás, nas que os personaxes (animais e persoas) son protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes.

 

 NO CORAZÓN DO BOSQUE. Agustín Fernández Paz. Anaya

Aquela sería unha excursión inesquecible para Raquel: a viaxe en autobús, a fraga inmensa, as bravas augas do río, o vello mosteiro... e, sobre todo, o descubrimento dun estraño personaxe no interior da súa mochila.

 

 SOPA DE SOÑO E OUTRAS RECETAS DE cocoCIÑA. José Antonio Ramírez Lozano. Kalandraka.

Aquí está o mellor fogón! Cociña das palabras que se come polos ollos sen culler nin garfo.

 

 CANDO O REI POR AQUÍ PASOU. Palmira G. Boullosa. Xerais.

Recolleita dun rico material de lírica infantil composto por arrolos, fórmulas de xogo, adiviñas, fórmulas para botar sortes ou saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda, mentiras, maios e formuliñas para falar cos animais.

 

 FAUNA EN PELIGRO ( 2 Títulos)

La tortuga.

La salamandra.

Combel

Unha colección amena e chea de sorpresas para concienciar aos máis pequenos da necesidade de protexer as especias animais en perigo de extinción do noso entorno máis cercano.

 

 TAN SÓ CON LERES UN LIBRO. CD música. Grupo "Mamá Cabra.

O seu repertorio de cancións baseáse en poemas de autores como Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández, Choncha Blanco, Antonio G, Teijeiro... aínda que tamén teñen cancións propias ou temas que adaptan do noso folckore.

 

 ADIVIÑAS DE ANIMAIS. Gloria Sánchez. Alfaguara.

Conxunto de 25 adiviñas en verso breve e áxil con forte sabor popular.

Os protagonistas son animais diversos ( dende o mosquito á balea, dende o can á bolboreta...), grandes e pequenos, bos e manos, de terra, mariños e aves... Todos eles forman aprte da cultura tradicional ou móvense no territorio común da infancia.

 

 ELIGE EL VERDE. Jessie Eckel. Combel

A reciclaxe, o quentamento global do planeta e o coidado do noso entorno son cuestións de actualidade que tamén interesan aos nenos e nenas.

Este título as pon o seu alcance para que poidan coñecelas e poñer o seu graíño de area para lograr un mundo máis verde.

RECOMENDACIÓNS NADAL 2009. 1º CICLO

 

 O APALPADOR. Xoán G. Biblos.

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas do Nadal.

Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barrigiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía:" así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castaña. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

 UN CUÍÑO INDEPENDENTE.  José Luis Cortés. SM

O cuíño gordiño de Cesar Pompeio está farto de recibir tantos azoutes. Por iso, un día o cuíño marcha e o neno queda sen el. E claro, xa podes imaxinar que estar sen traseiro vai orixinar situacións un pouco complicadas.

¡Que mal o vai pasar Cesar Pompeio!

 

 MARCELA EN NAVIDAD.  Ana García Castellano. Anaya.

Marcela conta as súas festas de Nadal, un bo marco para que a pequena viva moitas aventuras diferentes.

Está formado por catro historias, que inclue o Belén vivente da escola, a cea de Noiteboa, unha pequena aventura en Nadal e a carta aos Reis Magos.

 

 LA VACA GORDITA. Combel

Como todos a chamaban gordiña creuno e empezou a facer dieta ata que tivo un aspecto deplorable para unha vaca. Menos mal que se deu conta da súa insensatez e volveu comer.

 

 INÉS DEL REVÉS. Anita Jeram. Kókinos.

Inés é terca, desobediente e posúe un sólido espírito de contradición coma calquera nen@. Por iso fai todo ao revés. Afortunadamente a súa nai imaxinativa e cariñosa sabe como poler as cousas do dereito.

 

 EL REGALO PERFECTO. Guillian Shields. Kókinos.

¿Ser un oso de peluche perfecto, elegante, con caixa de música no peito é mellor que ser un oso desgastado e deslucido polos xogos e abrazos dunha nena cariñosa? ¿É mellor a admiración ou o amor?

O osiño deste conto descubrirá a resposta.

 

 O MEU ANIMALIRIO (4 Títulos)

A montaña e o bosque.

Mares, ríos e lagos.

As crías dos animais salvaxes.

Os animais da granxa.

Baía Edicións.

Colección para o público infantil e xuvenil ( a partires de 4 anos), caracterízase por ser unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais, con xogos pedagóxicos para nenos e nenas.

 

 

 EL ARCA DE NOÉ. Combel

Libro despregable con ilustracións de cores vivas e cheas de detalles.

¡Nunca se vira un barco tan colosal!

 

 O GRÚFALO. Julia Donaldson. Macmillan.

Mentres o rato pasea polo bosque atópase ao zorro, ao moucho e a serpe. Todos queren comelo. O rato diralles que está esperando a un grúfalo. ¿E que é un grúfalo? Un ser monstruoso ao que todo temen...

¿Pero deverdade existe o grúfalo ou é unha invención do rato?

 

 A CASA DE HABÍA UNHA VEZ. Poesía. Ana Mª Fernández. Xerais.

A autora convídanos a realizar unha viaxe ao eterno mundo dos contos a travñes duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas.

 

 SETE CASAS, SETE BRUXAS E UN OVO. Gloria Sánchez. SM

Sete bruxas espantosas, que viven aniñadas nunha árbore seca, enfróntranse por un príncipe e dende aquela non só non se falan, senón que ademais procuran facerse todas a maladades de que son capaces.

 

 GISELDA. Anke de Vries.  Faktoría de Libros.

Un día Griselda seuntiuse moi triste, tan triste coma a súa pel gris.

"teño que facer algo" pensou.

Colleu un bote de pintura vermella e dixo:

" Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me poño contenta..."

Relato sinxelo sobre a importancia de ser un mesmo

RECOMENDACIÓNS NADAL 2009. EDUCACIÓN INFANTIL

 

 A ARAÑA E MAIS EU. Fran Alonso e Manuel G. Vicente. Kalandraka

Un día alegre, de súpeto, unha araña gorda e fea... brincu dende o ceo para aterrar no meu corpo. A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, abultada coma un kiwi. Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel da mandarina.

Un álbum de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos, dende os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena, comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e textura.

 

 OS SETE CABRITOS. Xosé Ballesteros, Ana Míguez e Sofía Rodríguez. Kalandraka

Conto dos Irmáns Grimm.

Grazas á plastilina, os animais, o bosque e ata as aguas do río cobran vida. Un conto eterno para os máis cativos.

 

 INVENTANDO NÚMEROS. Gianni Rodari e Alessandro Sanna. Kalandraka

Cando inventamos, ata os números poden recibir nomes novos e así chegan as asociacións máis graciosas ou disparatadas.

Este libro é unha excelente maneira de pasar o rato entre ocurrencias, bo humor e unha boa dosis de axilidade mental.

 

 ADIVINA CUANTO TE QUIERO. Sam McBratney e Anita Jeram. Kókinos.

Ás veces cando queres a algén moito, moito, moito intentas describir o tamaño dos teus sentimentos, pero como nos mostra esta marabillosa historia o amor non é algo fácil de medir.

 

 LA CEBRA RAYAS JUEGA AL ESCONDITE. Diane e Cristyan Fox. Macmillan.

Libro de cartón con elementos de tacto en cada páxina e solapas que desvelan sorpresas.

É un libro xogo que sirve para desenvolver a observación e dar a coñecer as características de distintos animais.

Os textos van rimados. Humor e valores

 

 RIMAS. Pitón. Everest.

Selección de rimas e recitados da literatura tradicional infantil.

O espazo da noite e o tempo de durmir, os meses e as estacións, os animais máis familiares e os xogos de palabras, centran estes versos repetidos durante xeracións coa musicalidade e a sinxeleza das primeiras idades.

 

 MI PRIMER LAROUSSE DE LOS ¿POR QUÉ?. Larousse.

Más de 300 preguntas agrupadas temáticamente e totalmente ilustradas. 

 

 TEÑO GANAS DE... Manuela Olten. Kalandraka

Naturalidade e frescura infantil para abordar o come e onde dunha acción orgánica que se manifesta de distintas maneiras en nenos e nenas.

Dos cueiros ao inodoro, pasando por consellos de hixiene útiles para a vida cotiá.

 PEQUECHOS das praderías e das sabanas.

PEQUECHOS do deserto.

PEQUECHOS das montañas.

PEQUECHOS das terras polares.

PEQUECHOS da selva.

PEQUECHOS dos ríos e dos lagos.

Factoría K de Libros.

Unha colección moi amena - de linguaxe precisa, sinxela e comprensible - para coñecer os animais máis sorprendentes de cada ecosistema. Libros activos, para unha ampla franxa de idade e con fotografías cheas de expresividade que cautivarán a curiosidade dos máis pequenos.

 

 RIMAS CON LETRA. Gloria Sánchez. Xerais.

As letras do abecedario xogan en verso no mundo das cousas familiares, dende os animais (o caracol, a galiña, a vaca, o loro...) aos elementos da natureza ( a neve, a nube, o mar ...)

A utilización constante de recursos fónicos, a musicalidade do ritmo, aproxima os textos ás cancións infantís tradicionais. Ademais, a presenza das adiviñas e a estructura repetitiva converten o libro mesmo nunha lúdica ferramenta de aprendizaxe para primeiros lectores, que facilita o recurso constante ó diálogo. Deste xeito, os textos acadan a súa auténtica dimensión creadora lidos en voz alta ou con participación coral.

UNHA FELIZ CATÁSTROFE

 

Recomendamos este libro que podes oir picando no LIBRO

 

RECOMENDACIÓNS FAMILIAS

Todos estes libros podedes atopalos na Biblioteca para as Familias do centro.

 

CÓMO ENSEÑAR A PENSAR A TU HIJO.

Stanley Turecki

 

 EL NIÑO DIFÍCIL.

Stanley Turecki

 

¿POR QUÉ NO PODEMOS SER LOS PADRES QUE DESEAMOS?

Charles H. Elliot. Laura L. Smith 

 

ESCUELA PRÁCTICA PARA PADRES

Javier Urra 

 

LÍMITES A LOS NIÑOS CUÁNDO Y CÓMO

Cornelia Nitsch 

 

LOS 10 ERRORES MÁS COMUNES DE LOS PADRES. CÓMO EVITARLOS.

Dr. Kevin Steede 

 

 ¡SOCORRO! TENGO UN HIJO ADOLESCENTE

Robert e Jean Bayard

 

COLECCIÓN " EL MANUAL DE SUPER NANY". 

Incluye DVDs 

RECOMENDACIÓNS VERAN 2009. 3º CICLO

 

LOS VIAJES DE GULLIVER. Jonathan Swinft. Vicens- Vives.

O doutro Gulliver percorre o mundo en busca de aventuras e para coñecer xentes. Pero naufraga e coñece a uns seres diminutos...

   

AMIGOS ROBOTS. Isaac Asimov. Vicens- Vives.

O autor amósanos unha sociedade futura onde os robots serán fieis servidores dos humanos.

 

 

 O CARTEIRO DE BAGDAD. Marcos S. Calveiro. Tambre.

A vida dun neno en Bagdad durante a guerra. Seu pai é carteiro e ten que entregar unha carta entre bombas e perigo.

  

TRECE ANOS DE BRANCA. Agustín Fernández Paz. Rodeira.

Debido a unha enfermidade, Branca ten que gardar cama. Revive entón as súas experiencias infantís e decátase de que pronto entrará na adolescencia.

 

RECOMENDACIÓNS VERAN 2009. 2º CICLO

 

RITA ROBINSON. Mikel Valverde. Macmillan.

Rita é unha nena de 8 anos que vive situación e conflictos típicos da súa idade.

Viaxa moito e aprende das súas experiencias

  

PEPE EN INGLATERRA: EN LONDRES. Gordon Reece. Macmillan.

Aventuras dun neno español, Pepe, que vai pasar uns días a Inglaterra e alí irá coñecendo as peculiaridades da vida nese país.

Os nenos practican estruturas sinxelas en inglés.

 

 UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA. Fina Casalderrey. Oxford.

Todos os nenos querían saber o que levaba Alba na súa mochila e que valía moito máis ca variña dunha fada.

 

 A PANTASMA DA TORRE. Lourdes MAceiras. Xerais.

Mariña e os seus amigos vivían nunha vila que miraba ao mar e tiña espíritos na torre da igrexa. Un amigo de Mariña proponlle ir cos amigos, de noite, a ver as pantasmas

Distribuir contido