Escola de Pais e Nais

CREACIÓNS CON PAPEL

O 21 de marzo tivemos na "Escola de familias", un obradoiro de reciclaxe na que realizamos "Creacións con papel", nel fometouse a creatividade e a reciclaxe.

Foi impartido por Maite Barral.

VER FOTOS "CREACIÓNS CON PAPEL"

CHARLA IMPARTIDA POR CARMEN LOUREIRO

Na tarde do martes 27 de Novembro, dentro das actividades da Escola de Pais e Nais a ANPA e o centro organizaron unha charla impartida por Carmen Loureiro.

Nela fíxonos reflexionar sobre as actuacións que como familias que buscan convivir unificando criterios,  son capaces de ofertar aos seus fillos alternativas ás pantallas tan omnipresentes nas súas vidas e nas nosas.

TALLER DE DOCES DE ENTROIDO

A tarde anterior ao noso desfile de Entroido, a Escola de Pais e Nais da ANPA en colaboración co cole, organizou un taller de cociña de doces típicos destas datas.

Os nenos e nenas acompañados dos seus familiares, aprenderon a facer: filloas, melindres e orellas que todos puidemos probar ao día seguinte na festa de Entroido.

VER FOTOS TALLER DOCES DE ENTROIDO

TALLER DE COCIÑA

A comezos do mes de Decembro a ANPA en colaboración co centro organizou un taller de cociña dirixido ao alumnado e as súas familias.

Nel aprenderon a preparar moitas receitas deliciosas.

VER FOTOS TALLER COCIÑA

CHARLA "SOLUCIÓN DE CONFLITOS"

Neste primeiro trimestre do curso 2014/2015, unha das actividades que levamos a cabo dentro da escola de Pais e Nais foi unha charla dirixida ás familias do alumnado dos cursos superiores na que falamos de como solucionar os conflitos que comezan a xurdir cos nenos e nenas destas idades.

MESA REDONDA: " TAREFAS ESCOLARES"

 O 3 decembro, dentro das actividades da "Escola de Pais e Nais" o centro organizou unha mesa redonda sobre " As Tarefas Escolares".

 

A mesa estivo formada por un alumno do cole, dúas antigas alumnas que agora está no instituto, un profesor de secundaria, un mestra do centro e dous pais. Cada un deles explicou e xustificou a súa postura a favor ou en contra das tarefas escolares a realizar na casa.

Posteriormente houbo un interesante coloquio entre os asistentes á actividade.

CURSIÑO DE COCIÑA DE NADAL

Do 9 ao 11 de Decembro a Escola de Pais e Nais do colexio organizou un "CURSIÑO DE COCIÑA DE NADAL" impartido polo cociñeiro Alex Valle Ozores, as clases celebráronse na cociña do centro de 16:30 a 19:00.


APERITIVOS E ENTRANTES

Canelón de salmón recheo

Canapé de tartar de salmón

Ravioli de froitas con redución de Málaga Virgen

Mousse de queixo Philadelphia con salmón

Tostas de tomate confitado con anchoas

SEGUNDO PRATOS

Bacalao á Madama

Perna de cordeiro con recheo de Nadal ao Oporto

POSTRES

Trufas de chocolate

Sospiros de monxa recheos de nata e chocolate

Fondats de chocolate quentes

CAFÉ PAIS E NAIS

No noso colexio seguimos celebrando unha vez ao mes os "Cafés de Pais e Nais", onde as familias do alumnado poden participar, nun ambiente distendido, falando dos temas filosóficos e educativos que lles interesan  a partir de textos ou vídeos.

Distribuir contido