Un ano máis, para celebrar o Día das Letras Galegas, publicamos a nosa revista ANDAR.

Para acceder á lectura preme na imaxe.

REVISTA ANDAR 2024 - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado de Educación Infantil e 1ºCiclo de Primaria participou nun obradoiro de elaboración de maios.

MAIOS 2024

 

Este xoves os alumnos e alumnas de 3º ciclo participaron nunha charla para  concienciar sobre os beneficios e riscos da navegación polo ciberespazo.

Navega con Rumbo

Para rematar este curso coa modalidade de "Coñece o meu club", dentro do PVAD, tivemos con nós a Luis, entrenador do Club de Rugby de Ferrol.

Traballou co alumnado de 5º e 6º de Primaria e amosoulles as virtudes deste deporte colectivo tan divertido.

Moitas grazas por todo, Luis!

Visita do Club de Rugby de Ferrol

Este ano choveu tanto que ao exército de naipes da Raíña de Corazóns borráronselle os debuxos dos seus uniformes.

Por esta razón, decidimos deseñar algunha insignia máis duradeira e que resistise o frío e a calor, a choiva e o sol, o vento, as danas... 

Así que decidimos facer unhas chapas co corazón da nosa raíña, os nosos nomes e todos aqueles adornos que cada un quixese poñerlle.

Se queredes ver o proceso de fabricación, podedes facelo no seguinte vídeo.

Creando as insignias do exército da Raíña de Corazóns - Polos Creativos 3ºEP

O alumnado de 3ºEP participou, ao longo de todo o curso, nun obradoiro de bicis e peóns impartido polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

No primeiro trimestre Quico ensinounos unhas nocións básicas de seguridade viaria: por onde temos que camiñar cando imos pola rúa, como temos que facernos ver, que elementos de seguridade son imprescindibles na bici... 

OBRADOIRO DE BICIS E PEÓNS - 3ºEP
Distribuir contido