O luns 22 de abril, celebramos o Día Mundial da Terra con diversas actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de coidar do noso planeta. O lema deste ano foi Planeta Versus Plásticos.
|
|||
O martes 16 de abril, o alumnado de 5º e 6º EP participou na actividade sobre TIC e Ciberseguridade que foi impartida pola Garda Civil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna. Clica foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade. |
|||
O venres 12 de abril, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou na charla ofrecida por Laura Paz Fontán, Matrona do Centro de Saúde de Porto do Son, na que se trataron os "Cambios na adolescencia e a sexualidade” e entre outros faláronse dos cambios emocionais, dos cambios físicos da muller: dos órganos femininos,da menarquia, do ciclo menstrual, da importancia da exploración para detectar enfermidades, da menstruación, dos recursos para a menstruación (compresas, tampóns, copa e bragas menstruais, compresas menstruais…), da alimentación, dos suplementos e do alivio da dor. Dos cambios físicos nos homes (espermarquia) e da sexualidade. Ao final, resolvéronse as dúbidas que foron xurdiron. Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade. |
|||
|
|||
O venres 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na Charla sobre os delitos de odio impartida pola Garda Civil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas para o curso 2023-24. Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade. |
|||
Durante este curso 2023-24, botamos a andar a actividade Obradoiro de Xadrez co alumnado de Educación Primaria. Con esta actividade queremos fomentar o desenvolvemento do pensamento lóxico-abstracto e a mellora da resolución de problemas a través de formación lúdica. No mes de xuño, organizarase un pequeno torneo de fin de curso. Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.
|
|||
Durante esta semana, realizáronse no centro diversas actividades de celebración do Día Internacional da Muller 2024 para destacar a importancia da muller na sociedade e reivindicar unha igualdade real e de oportunidades entre homes e mulleres. Clica no vídeo para ver o resumo das actividades. |
|||
O mércores 6 de marzo, o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou na actividade Peques e Heroas, na que Manuela Varela, actriz e narradora, veunos contar os contos “Daniela a pirata” e “Xan e as unllas de cores” a través dos que fixemos unha reflexión sobre os roles de xénero, os estereotipos, o respecto e a igualdade. Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade. |
|||
O mércores 28 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria participaron no Obradoiro de Pintura Lúdica realizado pola Asociación Ámbar. Clica no vídeo para ver o resumo da actividade |
|||
Durante esta semana realizamos diversas actividades para dar a coñecer a importancia da figura de Rosalía de Castro e a súa obra, e homenaxeala no seu día. O venres, 23 de febreiro celebramos un acto conxunto na biblioteca do centro con unha mostra de actividades literarias, plásticas e musicais realizadas polo alumnado inspiradas nas súas obras. Clica no vídeo para ver o resumo da actividade |
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »