A XANELA DO MAXÍN: SORPRESA

O mércores 5 de xuño, o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou na actividade de contacontos Sorpresa impartida por A Xanela do Maxín para celebrar o 5 de xuño como Día Mundial do Medioambiente.

Esta actividade está enmarcada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares do centro.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

 

CONTACONTOS: SUPERAVOA

O luns 3 de xuño, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º EP participou na actividade impartida polo escritor e ilustrador David Rodríguez que nos presentou o seu libro Superavoa, e que foi ofertada pola Editorial Anaya.

Grazas David e Uxía

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE A PROTECCIÓN DA NATUREZA

O martes 28 de maio, o alumnado de 5º e 6º EP participou na charla sobre protección da natureza impartida pola Garda civil no marco do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna. 

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

VISITA AO IES DE PORTO DO SON

O mércores 22 de maio, o alumnado de 6º EP visitou o IES de Porto do Son para coñecer as instalacións do seu centro educativo na nova etapa que agora comeza.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

DÍA DAS LETRAS GALEGAS · 2024

Durante esta semana realizamos diversas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas 2024 e homenaxear a Luísa Villalta.

O xoves 16 de maio realizamos unha celebración conxunta na biblioteca do centro.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

 

CHARLA SOBRE ACOSO E CIBERACOSO

O martes 30 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na actividade Acoso e Ciberacoso impartida pola Garda Cívil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade dos centros educativos e a súa contorna.

 

NAVEGA CON RUMBO

O luns 29 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na actividade Navega con Rumbo que foi impartida por Felipe Martínez, e que tratou sobre as medidas e actitudes adecuadas para a navegación segura na rede e a utilización das redes sociais.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

DÍA DO LIBRO · 2024

O martes 23 de abril celebramos o Día do Libro 2024 con diversas actividades escénicas e literarias preparadas por cada grupo-clase.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades.

DÍA MUNDIAL DA TERRA

O luns 22 de abril, celebramos o Día Mundial da Terra con diversas actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de coidar do noso planeta. O lema deste ano foi Planeta Versus Plásticos. 

 

CHARLA TIC E CIBERSEGURIDADE

O martes 16 de abril, o alumnado de 5º e 6º EP participou na actividade sobre TIC e Ciberseguridade que foi impartida pola Garda Civil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna.

Clica foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

Distribuir contido