DÍA DAS LETRAS GALEGAS · 2024

Durante esta semana realizamos diversas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas 2024 e homenaxear a Luísa Villalta.

O xoves 16 de maio realizamos unha celebración conxunta na biblioteca do centro.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

 

CHARLA SOBRE ACOSO E CIBERACOSO

O martes 30 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na actividade Acoso e Ciberacoso impartida pola Garda Cívil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade dos centros educativos e a súa contorna.

 

NAVEGA CON RUMBO

O luns 29 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na actividade Navega con Rumbo que foi impartida por Felipe Martínez, e que tratou sobre as medidas e actitudes adecuadas para a navegación segura na rede e a utilización das redes sociais.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

DÍA DO LIBRO · 2024

O martes 23 de abril celebramos o Día do Libro 2024 con diversas actividades escénicas e literarias preparadas por cada grupo-clase.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades.

DÍA MUNDIAL DA TERRA

O luns 22 de abril, celebramos o Día Mundial da Terra con diversas actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de coidar do noso planeta. O lema deste ano foi Planeta Versus Plásticos. 

 

CHARLA TIC E CIBERSEGURIDADE

O martes 16 de abril, o alumnado de 5º e 6º EP participou na actividade sobre TIC e Ciberseguridade que foi impartida pola Garda Civil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna.

Clica foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

CHARLA CAMBIOS NA ADOLESCENCIA E A SEXUALIDADE

O venres 12 de abril, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou na charla ofrecida por Laura Paz Fontán, Matrona do Centro de Saúde de Porto do Son, na que se trataron os "Cambios na adolescencia e a sexualidade” e entre outros faláronse dos cambios emocionais, dos cambios físicos da muller: dos órganos femininos,da menarquia, do ciclo menstrual, da importancia da exploración para detectar enfermidades, da menstruación, dos recursos para a menstruación (compresas, tampóns, copa e bragas menstruais, compresas menstruais…), da alimentación, dos suplementos e do alivio da dor.  Dos cambios físicos nos homes (espermarquia) e da sexualidade.  

Ao final, resolvéronse  as dúbidas que foron xurdiron. 

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

 

OBRADOIRO DE RESIDUOS E CONSUMO · ADEGA

O martes 9 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha actividade enfocada na relación entre a produción de residuos e unha cultura cada vez máis consumista, e que foi impartida pola Asociación ADEGA.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

 

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE DELITOS DE ODIO

O venres 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na Charla sobre os delitos de odio impartida pola Garda Civil no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas para o curso 2023-24.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

OBRADOIRO DE XADREZ

Durante este curso 2023-24, botamos a andar a actividade Obradoiro de Xadrez co alumnado de Educación Primaria. Con esta actividade queremos fomentar o desenvolvemento do pensamento lóxico-abstracto e a mellora da resolución de problemas a través de formación lúdica. No mes de xuño, organizarase un pequeno torneo de fin de curso.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

 

Distribuir contido