Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

BECAS NEAE 2024-25

ALUNMADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca anualmente axudas destinadas a colaborar nos gastos que a educación do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo xenera para as súas familias.  Para o curso académico 2024-2025 dictou a Resolución de 12 do abril de 2024, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo.

Debe  cumprimentarse o formulario polos interesados, tal como indica a convocatoria, exclusivamente vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación (www.educacionyfp.gob.es) ou a través da sede electrónica do MEFPD  na dirección https://sede.educación.gob.es .  Dese modo xérase unha solicitude en PDF que os familiares e/ou interesados deben imprimir e presentar no Centro Educativo ( obrigatoriamente). a fin de que sexa recibida ( rexistrada dentro de prazo establecido) .

A data límite é ata o 13 de setembro inclusive.

As axudas ao estudio individualizadas son as seguintes:

- Alumnado con discapacidades: acredita cun certificado igual ou superior ao 25%

- TDAH ten que estar asociado a DISCAPACIDADE OU TRASTORNO GRAVE DE CONDUCTA

-Alumnado con trastorno grave da conducta.

- TEA que requira apoios ou atencións educativas  específicas :é necesario aportar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

- ALTAS CAPACIDADES para PROGRAMAS ESPECÍFICOS complementarios á educación regrada que será comprobado pola inspección Educativa. Non inclúe gastos para por ex. matriculación  na EOI, curso de mergullo ou similares, matrícula en centros de ensinanza artística, actividades extraescolares, clase de reforzo.

- Alumnado con TRASTORNO GRAVE DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE: con dificultades para comprender e expresarse que limitan significativamente a aprendizaxe, a participación e a interacción social e que requiren apoios específicos e focalizados.

Non teñen dereito a bolsa : dislexia, discalculia ou dificultades na expresión escrita.

-Tamén ínclúe nesta convocatoria un subsidio de contía fixa para gastos adicionais de caracter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo descritos anteriomente.

As SOLICITUDES que remitan para a súa tramitación deben anexar a seguinte documentación:

-         Alumnado con discapacidade recoñecida: copia da tarxeta de discapacidade en vigor.

-         Alumnso sen discapcidade recoñecida: diagnóstico médico.

-         Familia numerosa: copia do título de familia numerosa en vigor.

-         Todas as bolsas teñen que vir acompañadas de certificado  da conta bancaria na que o/a alumno/a sexa titular ou cotitular.

OS DATOS QUE SE INDIQUEN NA SOLICITUDE E NOS CERTIFICADOS DE MATRICULACIÓN DO CENTRO EDUCATIVO DEBEN CORRESPONDER AO CURSO ACADÉMICO 2024/25.

Por exemplo, se un alumno ou alumna no curso seguinte vai estar matriculado en 1º da ESO nun IES , será neste centro o que deberá ceertificar a súa matriculación e non o colexio no que se atope matricualdo neste curso.

Mais información:

Https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-cidadano/catalogo/general/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

Admisión alumnado 2024/25.

 

Xa se poden consultar as listaxes de alumnado admitido e non admitido no taboleiro interior do noso centro ou na aplicación admisión alumnado.

Todas as solicitudes resultaron admitidas, excepto, as de 5º de Educación Infantil por non dispor de prazas vacantes.

 

 

PLANTILLA INFANTIL

Achegamos no seguinte enlace á plantilla para elaborar a receta.

 

Plantilla receta.

ADMISIÓN 2024/25

TODAS AS ALUMNAS E OS ALUMNOS QUE SOLICITARON PRAZA EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTÁN ADMITIDOS/AS.

O período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

PLAN DIXITAL FAMILIAR

 
 

Teresa Portela

Susana Rodríguez Gacio

O alumnado de quinto quixo homenaxear a Susana Rodríguez Gacio neste día internacional da muller e Susana mandoulles estas bonitas verbas.

 

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ROUPA

Un paseo polo cole

 

Xunqueira2pontevedracolegio

BLOGS DO C.E.I.P. A XUNQUEIRA Nº 2

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

by Dr. Radut