Skip to Content

Festival Día das Letras Galegas 2024

6ºA coas mans na masa

A semana pasada, o alumnado de sexto A volveu ,coma todos os trimestres, á cociña para practicar matemáticas e facer unha desgustación das súas elaboracións.

O obxectivo era facer cálculos matemáticos que lles permitirían conseguir cada ingrediente e ter así os precisos para facer a receita ao completo.
Pasámolo "exquisito"!

Visita de Jorge Campos

O capitán lentella foi o libro escollido polas aulas de 2º para as lecturas de aula. O autor e ilustrador deste magnífico libro, Jorge Campos, tivo a ben visitarnos e sacar a luz todas as súas ideas e desvelar algúns dos segredos ocultos desta banda deseñada. Ademais, deixounos a primicia dunha segunda entrega deste superheroe.

Jorge Campos

Plan Director

O pasado luns 6 de maio, contamos no centro un ano máis cun axente da Policía Nacional que lles deu unha charla ao alumnado de 3º ciclo sobre Seguridade na Rede, enmarcado dentro do Plan Director. Moi interesantes foron as pautas achegadas para evitar un mal uso de internet: protexer a identidade pesonal, desconfiar de descoñecidos, protexerse nos xogos na rede...

Visita de Gonzalo Aguiar

No día de hoxe, o noso alumnado tivo a sorte de compartir unhas verbas co ciclista Gonzalo Aguiar. Este vigués converteuse no primeiro galego olímpico grazas á súa participación non Xogos de Seúl de 1988. 

Moitas grazas Gonzalo Aguiar!!!

 

 

 

Becas NEAE

Comedor

MENÚ ESCOLAR

freepik

MAIO

Menú basal
Menú derivadas

Cultivando bacterias

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar coa visita da Doutora en microbioloxía Ana González Abril. Coa súa guía, realizáronse diferentes experiencias de cultivos de bacterias presentes en diversas superficies como froitas, estropallos, iogures e incluso nas mans.

Así mesmo, puideron comprobar o resultado de numerosas mostras achegadas pola científica.

Todo un mundo en miniatura!!!

 

Visita da autora Ledicia Costas

Onte o alumnado de sexto tivo a gran sorte de contar con Ledicia Costas na nosa biblio ( e aínda por riba, coincidindo co Día do Libro).

 
Compartimos con ela anécdotas, ideas...e unha morea de gargalladas.
 
Tras leren a "Escarlatina" quedamos agora con ganas de seguir lendo moitas máis historias desta marabillosa autora.

Día do Libro - Apadriñamento lector

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro convertindo o patio nun espazo de lectura onde o noso alumnado puido desfrutar ao aire libre da actividade de apadriñamento lector. Este ano os máis pequenos foron os mestres e mestras de cerimonia e escolleron un libro para lerllo ao alumnado dos cursos superiores que, en agradecemento, lle entregou un marcapáxinas que elaboraron como agasallo.

Gozaron da lectura en compañía e fixeron novos amigos e amigas. Feliz Día do Libro!

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut