Skip to Content

Festival Día das Letras Galegas 2024

Na véspera do Día das Letras Galegas celebramos o noso festival, presentado maxistralmente por nenas e nenos de 6ºA, onde o alumnado e nais e pais amosaron o seu talento en forma de cancións, bailes, teatro, ioga, poesía e actuacións musicais diversas. O público desfrutou e aplaudiu a rabiar. Deixámosvos unha pinga dese talento no álbum da galería fotográfica dos grupos que actuaron e do alumnado que fixo os honores coa presentación.

Feliz Día das Letras Galegas a todas as familias do noso colexio!

Obradoiro de xogos de mesa

O luns e o mércores desta semana, os nenos e nenas de terceiro, cuarto. quinto e sexto puidemos compartir parte da nosa mañá con Custom Meeple e cos seus marabillosos xogos de mesa.

A través deles traballamos a competencia matemática, lingüística, social e o control inhibitorio. Pasámolo xenial e disfrutamos moitísimo.

 

O IES fálanos de Villalta

Hoxe o alumnado de sexto tivo a sorte de poder asistir a unha charla expositiva por parte das alumnas Nora e Julia de bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro sobre Luísa Villalta.

Moitas grazas por compartir a vosa labor.

Luísa Villalta

6ºA coas mans na masa

A semana pasada, o alumnado de sexto A volveu ,coma todos os trimestres, á cociña para practicar matemáticas e facer unha desgustación das súas elaboracións.

O obxectivo era facer cálculos matemáticos que lles permitirían conseguir cada ingrediente e ter así os precisos para facer a receita ao completo.
Pasámolo "exquisito"!

Visita de Jorge Campos

O capitán lentella foi o libro escollido polas aulas de 2º para as lecturas de aula. O autor e ilustrador deste magnífico libro, Jorge Campos, tivo a ben visitarnos e sacar a luz todas as súas ideas e desvelar algúns dos segredos ocultos desta banda deseñada. Ademais, deixounos a primicia dunha segunda entrega deste superheroe.

Jorge Campos

Plan Director

O pasado luns 6 de maio, contamos no centro un ano máis cun axente da Policía Nacional que lles deu unha charla ao alumnado de 3º ciclo sobre Seguridade na Rede, enmarcado dentro do Plan Director. Moi interesantes foron as pautas achegadas para evitar un mal uso de internet: protexer a identidade pesonal, desconfiar de descoñecidos, protexerse nos xogos na rede...

Visita de Gonzalo Aguiar

No día de hoxe, o noso alumnado tivo a sorte de compartir unhas verbas co ciclista Gonzalo Aguiar. Este vigués converteuse no primeiro galego olímpico grazas á súa participación non Xogos de Seúl de 1988. 

Moitas grazas Gonzalo Aguiar!!!

 

 

 

Becas NEAE

Cultivando bacterias

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar coa visita da Doutora en microbioloxía Ana González Abril. Coa súa guía, realizáronse diferentes experiencias de cultivos de bacterias presentes en diversas superficies como froitas, estropallos, iogures e incluso nas mans.

Así mesmo, puideron comprobar o resultado de numerosas mostras achegadas pola científica.

Todo un mundo en miniatura!!!

 

Visita da autora Ledicia Costas

Onte o alumnado de sexto tivo a gran sorte de contar con Ledicia Costas na nosa biblio ( e aínda por riba, coincidindo co Día do Libro).

 
Compartimos con ela anécdotas, ideas...e unha morea de gargalladas.
 
Tras leren a "Escarlatina" quedamos agora con ganas de seguir lendo moitas máis historias desta marabillosa autora.
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut