Skip to Content

Festival Entroido Olímpico 2024

Preparados, listos, xa!

As delegacións de cada nivel desfilaron amosando os seus disfraces olímpicos, amenizaron ao público coas súas coreografías e procedeuse á clausura destas olimpíadas entroidescas coa lectura das acusacións e o xuízo ao Meco que, grazas ao temporal, se librou da queima.

Non faltaron os doces típìcos desta celebración achegados polas familias para a súa degustación. Agradecemos a vosa colaboración na organización do festival e a achega de doces.

E tampouco faltou o posado no noso photocall: enlace á galería fotográfica

Viva o Entroido! Festa rachada!

Celebración do Entroido e mandados do Meco


Mandados do Meco

Preparádevos todos para facer deporte. Este ano o Meco ven forte!

Celebración do Entroido

- Venres, 9 de febreiro.

- 10.30 horas: apertura da porta da Avda. de Castelao para acceder as familias. Deben dirixirse ao pavillón para asistir ao desfile e as actuacións.

- Ás 11.15 h: Desfile e actuacións na pista central do pavillón. Contaremos co alumnado da EEI Cristo da Victoria.

- Orde de actuacións: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º e familias.

- O alumnado participará con disfraces relacionados coa temática que están traballando do proxecto As Olimpíadas.

- Ao remate das actuacións as familias abandonarán o centro.

Xornada de escalada

No día de hoxe, o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron as instalacións deportivas da Universidade de Vigo para coñecer a unha escaladora viguesa que actualmente é campiona de Galicia por quinta vez e subcampiona de España: Araceli Vale. O alumnado coñeceu da man de Araceli, o material necesario para a práctica deste deporte e achegounos á competición deportiva desta disciplina olímpica.

 

 

Xogos pola Paz

O Día da Paz tornouse no cole no día da colaboración. Tras traballar nas aulas varias actividades destinadas á reflexión, decorar os corredores con notas escribindo que é para cada neno e nena a paz e construír o mural da entrada coas mans de todo o alumnado, desenvolvéronse o día 30 de xaneiro 5 xogos colaborativos con grupos mixtos de alumnado de 1º a 6º. Finalizamos a xornada formando os aros olímpicos no patio e bailando ao ritmo de O xogo da Carrasquiña que traballaron nas sesións de música previamente. Aprendemos, traballamos, convivimos, colaboramos e desfrutamos.

 

Xornadas de Portas Abertas 2024

Como é habitual por estas datas, o CEP Celso Emilio Ferreiro abre as súas portas ás familias que queiran coñecer o noso centro.

 

Invitámosvos a coñecer o noso centro a través desta presentación dixital.

Asemade, calquera dúbida ou información atenderase telefonicamente.

Proceso admisión alumnado curso 2024-2025

*En base ás recomendacións vixentes en materia de proteccción de datos persoais, soamente se poden consultar as listaxes de alumnado na aplicación informática admisionalumnado (acceder con chave 365 ou con certificado dixital) e no taboleiro do interior do colexio.

 

PROCESO

FASE I

-Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos inclusive).

   

-Reserva de praza só para o alumnado de 6ºEP que vai continuar a ESO no IES Álvaro Cunqueiro (centro adscrito ao noso). 

* Anexo I

-Antes do 1 de marzo.

         -Publicación de vacantes escolares (web e taboleiro interno do centro)

FASE II

-Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

-Presentación de praza ordinaria.

*Anexo II e fotocopia do libro de familia.

-Se houbese máis solicitudes que prazas:

  • 10 días hábiles contados a partir dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

-Presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados, de ser o caso.

-25 de abril.

-Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

-5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes provisionais.

-Reclamación das listaxes provisionais.

-15 de maio.

-Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

FASE III

-Do 20 ao 30 de xuño.

-Formalización  matrícula en educación infantil e primaria.

-Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

-Formalización matrícula en secundaria.

CENTROS ADSCRITOS

-Centro adscrito: EEI Cristo da Victoria.

-Centro ao que está adscrito: IES Álvaro Cunqueiro.

ZONA EDUCATIVA DO NOSO CENTRO

O CEP Celso Emilio Ferreiro pertence á zona 9 segundo o mapa de centros de Educación Infantil e Primaria do concello de Vigo:

http://www.escolasvigo.org/mapas

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

-Transporte escolar.

-Comedor escolar.

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

-Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

-Orde do 21 de outubro de 2022.

Documentos adxuntos:

Aviso de reserva de praza - Alumnado 6º

Dende o día 15 de xaneiro ata o día 5 de febreiro permanecerá aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o alumnado de 6º.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

Pódese acceder ao documento de solicitude no seguintes enlace:

Anexo I e I bis

 

Calendario Nadal 2024

Un ano máis chega o noso concurso de postais de Nadal en plena forma coa temática do proxecto do centro: As Olimpíadas.

Estas deportivas obras de arte decoran os nosos corredores e, cunha postal seleccionada por aula, deseñamos o noso calendario para o ano 2024 que queremos compartir con toda a comunidade educativa a modo de felicitación navideña.

Se queres ver as postais so tes que premer neste enlace: postais de Nadal

 

Premer na imaxe para descargar o calendario

 

 

Lecturas para Nadal 2023

O equipo de biblioteca achégavos a selección de libros co que cada grupo traballará á volta das vacacións de Nadal e así os poidades engadir á vosa carta de desexos.

Un libro é un xoguete que nunca pasa de moda e co que podes vivir mil aventuras!

Enlace ao blog de biblioteca

Programa Festival Nadal

Achegamos o programa do Festival de Nadal onde actuarán os grupos A.

-Data e lugar: 21 de decembro, no salón de actos.

-Horario do pase: de 10 a 11 horas (poderán asistir as familias ata completar o aforo do salón de actos).

Preme na imaxe para ver o programa

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut