Skip to Content

Curso 2023-24

Freepik

Listaxes de libros de texto e material escolar

Libros de texto

Material escolar

Froitómetro xuño

Chega o último trimestre e con el os gañadores e gañadoras do Froitómetro do mesmo.

Outra ocasión da que sacamos proveito e, tras teren degustado anteriormente amorodos, froita do dragón..., hoxe tivemos a oportunidade de probar o mangostán.

Visita dos axentes forestais

O pasado venres tivemos a oportunidade de coñecer, un poco máis, a importancia do traballo dos axentes e bombeiros forestais. Asistimos a  unha charla que promoveu unha maior concienciación sobre a protección do noso medio ambiente e a preservación do monte. Posteriormente, no patio, este persoal altamente cualificado para a extinción de incendios, realizou unha demostración práctica  dos medios que utilizan para dito fin.
Moitas grazas, foi fascinante!!!!!!

Reserva praza comedor

Achégase enlace ao documento de solicitude de reserva de praza no comedor escolar para o curso 2023-24.

Enlace

Festival das letras galegas 2023

Concerto didáctico - Semana das Letras Galegas 2023

O pasado martes, 16 de maio, no marco das actividades da Semana das Letras Galegas, asistimos ao concerto didáctico do GRUPO ABRIL.

Da man de Antón, Claudia e Abril gozamos de dúas sesións de música Folk nas que todos puidemos cantar entre outros: O cantar do arrieiro, Arrolo ou canto do berce… e bailar: muiñeira, xota, pasodobre…

Moitísimas grazas, Abril!!!!!!!             Pasámolo xenial!!!!!!!!!

Charla divulgativa con Anxo Rajó Pazó - Semana das Letras Galegas 2023

 Imaxe extraída de : https://www.cultura.gal/es/destaque-dinamizacion/101879

 

O alumnado de quinto e sexto participou o 15 de maio nunha charla divulgativa na que tiveron a sorte de desfrutar das verbas de Anxo Rajó Pazó.
Este escritor e profesor relatounos a través de anécdotas a biografía de Don Paco Martínez del Riego, homenaxeado este ano no día das Nosas Letras.

Maratón infantil intercolexios 2023

-A Asociación de veciños de Coia organiza o domingo 11 de xuño, a partir das 10.30 horas, a XIII Maratón Infantil Intercolexios de Coia.

-Para participar deberán cumprimentar a autorización e entregala no colexio ou na asociación de veciños Cristo da Victoria, ata o 5 de xuño (data tope).

Maios 2023

"Aí vén o maio de frores cuberto..." escribía o gran poeta Manuel Curros Enríquez e ao noso centro tamén chegaron o maio e as flores coas que se construíron dous fermosos maios tradicionais que encheron de cor o patio.

Arredor deles as rapazas e rapaces cantaron e bailaron as coplas compostas polo alumnado de 5º e as familias tamén cantaron as súas coplas e interpretaron varias pezas con instrumentos tradicionais galegos.

O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron nesta actividade.

Froitómetro abril

Os alumnos e alumnas de 5°A recibimos o venres 14 de abril a nosa saborosa recompensa por teren sido o grupo do cole que máis froita consumiu no terceiro trimestre.

Con todo o que traía a caixa de agasallo fixemos: brochetas de froita do dragón, macedonia e incluso un guacamole con nachos.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut