Skip to Content

Día de Rosalía de Castro 2023

Como cada curso homenaxeamos e lembramos a figura e obra de Rosalía de Castro.

Ademais deste orixinal mural-collage elaborado coas achegas de todos os niveis e grupos e das diferentes actividades desenvolvidas nas aulas sobre a autora e a súa obra, tivemos un taller de pandereteiras para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º e un taller de mitoloxía tradicional galega para o de 5º e 6º.

Animámosvos a ler a súa obra e a desfrutar da lectura na lingua de Rosalía.

Para saber máis sobre esta autora visita no enlace a páxina da Fundación Rosalía de Castro: Enlace

Día da Paz 2023

Para conmemorar o Día da Paz deseñamos e desenvolvimos varias actividades interdisciplinares nas aulas.

Dende a clase de música escolleuse a canción Your tribe speaks English para traballar unha coreografía de percusión corporal que ensaiaron en música e nas diferentes titorías e dende a clase de inglés traballouse o significado da letra e a mensaxe que trae implícita. O luns 30 saímos todo o colexio ao patio para cantar e danzar formando as letras do lema Vivamos a Paz.

Así mesmo, decoramos o centro con pombas feitas con técnicas de papiroflexia e a entrada do cole encheuse de postais do refraneiro con mensaxes de paz.

Danzamos, cantamos e, sobre todo, animamos ao alumnado a pensar e a reflexionar.

Preme na imaxe para ver máis fotos

Teatro en inglés 5º e 6º

Hoxe, 30 de xaneiro, desenvolvimos unha actividade de comprensión de oral en inglés asistindo a unha obra de teatro titulada What monster? no centro Afundación.

O alumnado de 5º e 6º puxo a proba as súas destrezas orais e, de paso, pasouno xenial. Ademais puideron ver a dous compañeiros e unha compañeira do cole saír ao escenario para formar parte do espectáculo. Unhas actuacións improvisadas de alto nivel!

Xornada Portas Abertas 2023

martes 31de XANEIRO recibiremos aos pais e nais que desexen coñecer o noso centro.

HORARIO

  • Mañá ás 10.30 horas.
  • Tarde ás 17.00 horas.

Programa consumo froita e leite

Un ano máis participamos no Programa escolar de consumo de froita, hortalizas e leite nas escolas co obxectivo de fomentar os hábitos saudables.

Ofreceráselle ao alumnado froita de tempada (do 16 ao 27 de xaneiro) e leite (do 23 de xaneiro ao 17 de febreiro).

E non esquezades botar unha ollada na entrada do colexio ao noso reto saudable do mes.

Froitómetro

Neste curso estamos a participar nos Contratos Programa Innova na modalidade de Edusaúde para trasmitir ao noso alumnado a importancia do coidado do noso corpo e a adopción de hábitos de vida saudables, incidindo na práctica de actividade física e nunha alimentación sa e equilibrada.

Unha das actividades que estamos a desenvolver en todas as aulas é un froitómetro, un rexistro diario dos alumnos/as que merendan froita no colexio. Cada trimestre faise un reconto e os gañadores son galardoados cunha cesta con froita.

Neste primeiro trimestre a clase gañadora foi 5º A! Que desfruten do premio!

Postais de nadal 2022

Despois de revisar todos os traballos do alumnado, tivemos que escoller unha postal de cada aula. Foi unha tarefa difícil xa que os traballos estaban moi ben; as postais que se utilizaron no calendario escolar son de:

1º Sofía e Ariana

2º Xoán e Yaiza

3º Son e Sabela

4º Daniel e Eric

5º Luz e Mar

6º Alba e Xela

Grazas a todos/as polo voso traballo!

Podedes ver todos os traballos no seguinte vídeo.

 

 

Calendario de Nadal 2023

Como todos os anos celebramos o noso concurso de postais de Nadal coa participación de todo o alumnado. Estas postais adornan os corredores do colexio e forman parte da decoración navideña.
 
Como felicitación de Nadal achegámosvos, a través dos vosos fillos e fillas, un calendario do ano 2023 onde figuran doce postais, unha por cada aula do colexio.

(Clica na imaxe para descargar)

Programa Festival Nadal

Preme na imaxe para acceder ao programa.

Lecturas Nadal

Xa tedes as lecturas de Nadal no blog da biblioteca. Non esquezades visitalo. Enlace
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut