Skip to Content

Eleccións Consello Escolar familias

Achégase documento coa convocatoria de representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar segundo a resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG 30/09/2022). Enlace

Magosto 2022

Tempo de castañas, tempo de xogos!

Volvemos á nosa habitual celebración do Magosto cunha degustación deste froito de outono que nos prepararon familias e ANPA.

Pero antes tocaban xogos tradicionais por equipos coa colaboración de dúas profes do IES Álvaro Cunqueiro e un grupo de alumnado de 4º da ESO.

O noso agradecemento a todas as persoas que nos axudastes a preparar a celebración desta festa.

 

Visita a exposición de Arte Cubano de 6º nivel

 

O alumnado de sexto nivel, no mes de outubro, visitou a sala de exposicións de Afundación, coa exposición de Arte Cubana, e recibir un obradoiro de STEAM sobre iniciación a programación.

Pasámolo xenial afondando na cultura cubana!!

Samaín 2022

Sama, Sama, Samaín que pasaches por aquí deixándonos:

-Unha decoración de ultratumba que nos mergullou no mundo da escuridade e das criaturas horripilantes.

-Unha exposición de cabazas que, grazas á colaboración das familias, invadiron a entrada do colexio.

-Disfraces arrepiantes a mogollón.

-Lendas terroríficas na escuridade do salón de actos con dúas nais moi artistas (Alba e Olalla).

-Un Tragamedos onde botamos todos os nosos medos para durmir mellor esta noite e uns conxuros moi especiais.

-Unha aula de inglés que se converteu no inframundo cuns invitados terroríficos que nos acompañan cada ano e onde xogamos e cantamos para espantar os nosos medos co noso Halloween.

-E unha improvisación musical de última hora coa que o profe Isma e o profe Emilio, xunto cun grupo de alumnado, obsequiaron ás persoas que decidiron pasar pola biblio no recreo.

 

Invitación Samaín ANPA Moraima

Hola, desde el ANPA Moraima os invitamos a la fiesta de Samaín que vamos a celebrar el viernes 28 de octubre de 16:30 a 19 en el Aulario.

Habrá "Pasadizo del Terror" y "Merienda Monstruosa"

Apúntate a pasarlo de miedo enviando un email a anpamoraima2@gmail.com

*Nombre, curso y alergias alimentarias de todos los peques que vengan. 

Animaros a una tarde de fiesta terrorífica, os esperamos!!!! 

Vale material escolar

Informamos a todas as familias beneficiarias do vale de 50€ para a compra de material escolar, que no día de hoxe foi publicada a Resolución de 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar; polo que a partires do luns, 17 de outubro, poderán recoller o vale de 25€ na secretaría do centro escolar. 

Enlace á resolución

 

Becas alumnado NEAE

Recordamos ás familias que solicitan becas do Ministerio de Educación para alumnado con NEAE, que o prazo para a súa presentación no centro remata o día 30 de setembro.

Circular información setembro

Importante

Publícase circular con información sobre os horarios do centro, día e hora das reunións de inicio de curso para cada nivel, calendario escolar e outras informacións de interese. Enlace á circular

*Tamén podedes consultar a información publicada o día 5 de setembro sobre o horario do primeiro día de clase para cada nivel e outros aspectos de interese. Enlace

Información ANPA: act. extraescolares, matinal e tardiñas

A partir do día 8 de setembro abrirase o formulario de actividades extraescolares, matinal e tardiñas. Dito formulario estará no Facebook da ANPA Moraima e na web.
Importante: Tardiñas ofrécese polo de agora soamente en setembro esperando ver se hai suficiente aforo para realizar esta actividade.

Primeiro día do curso 2022-23

Dámosvos unha afectuosa benvida a este curso 2022-2023 e agardamos que puiderades descansar e desfrutar das vacacións.

O vindeiro xoves, 8 de setembro, iniciamos un curso que nos seus protocolos aseméllanse aos anos previos á pandemia. Á espera dalgunha comunicación oficial seguiranse mantendo medidas de carácter xeral vixentes (uso obrigatorio de mascarillas no transporte escolar, adecuada  ventilación, recomendación do uso de mascarilla nos casos sospeitosos ou confirmados da COVID 19, así como contactos estreitos de positivos…).

HORARIO XOVES, 8 DE SETEMBRO

NIVEL

PORTAS PATIO CUBERTO

HORA DE ENTRADA

HORA DE SAÍDA

 PORTA A

10.00 H

14.00 H

 PORTA A

9.30 H

14.00 H

PORTA B

9.00 H

14.00 H

PORTA B

9.00 H

14.00 H

PORTA B

9.00 H

14.00 H

PORTA A

9.00 H

14.00 H

*Poderase acceder ao centro pola porta da rúa Porriño ou  pola porta da Av. Castelao.

*As portas A e B (a porta B está na zona biblioteca) corresponden aos patios cubertos e estarán sinalizadas cun cartel.

*Listaxes alumnado: expostas nos patios cubertos.

- Horario alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: de 9.00 h a 14.00 h.
- Horario alumnado de : de 9.30 h a 14.00 h.
- Horario alumnado de : de 10.00 a 14.00 h.

Farase unha pequena xuntanza  de benvida coas familias do alumnado de 1º ás 10 horas no Salón de Actos.

 

SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE

-Funcionará dende o primeiro día.

HORARIO RECOLLIDA NO COMEDOR ESCOLAR

1ª SAÍDA

 Ás 15.15 h.

2ª SAÍDA

Dende as 15.45 h. ata as 16.00 h.

 

LIBROS E MATERIAL

NIVEL

MATERIAL 1º DÍA

Estoxo con lapis, goma e afialapis.Caixa de ceras duras

Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO

Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO

Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO

Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO

Material escolar SEN LIBROS DE TEXTO

As familias deberán seguir a planificación que indiquen as titoras/es para que o alumnado vaia traendo os libros de texto á escola de xeito escalonado.

 

ENTREGA LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

- 4º e 6º: o martes 13 de setembro pola tarde (convocarán as titoras).

- 3º e 5º: non foron suministrados de momento polas editoriais. Cada titora informará cando estean dispoñibles.

Desexámosvos un feliz curso!!!!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut