Todos o alumnado que solicitou praza neste centro para o vindeiro curso está admitido. As listaxes están publicadas no taboleiro do centro.
O mércores, 16 de maio celebramos un festival na Biblioteca do centro. O alumnado de 6º realizou unha sinxela explicación da vida, obra e lectura dalgún poema de Valentín Paz Andrade. Ensinaron o prato de polbo coa caricatura do autor, e que ano tras ano o conserxe se encarga de facer coa técnica do pirogravado. Deron tamén lectura ao tríptico enviado ás familias. Por último cante e baile: Ao estilo Karaoke cantamos "Arao" de Pelo Gato 24 e dúas cancións da música tradicional galega: "catro vellos mariñeiros" e "A rianxeira". Tanto na temática como nas ilustracións dos dous temas o mundo do mar, que tanto interesou ao autor deste ano, estivo moi presente. Tamén botamos man de varios recursos colgados na rede.
Seguindo unha proposta do ENDL, este curso cada ciclo encargouse de representar cada unha das estación do ano. O 1º ciclo en vistas de que o verán xa está petando á porta púxose mans a obra e crearon un curioso e orixinal mural, sen deixar de facer un guiño ao plan anual da Biblioteca: A reciclaxe! SE DO VERÁN QUERES GOZAR, A PRAIA DEBES COIDAR!
Coas chuvias e a chegada da calor o patio cóbrese de flores. Nesta época estamos realizando tarefas de plantado de céspede e colocando máis tarros de flores na entrada ao centro. Bonito, verdade?
O alumnado de primaria participa nunha actividade proposta polo Departamento de Cultura do Concello de Boiro: A elaboración de marcapáxinas co motivo da celebración do Mes das Letras.
Hora de ler, murais, matemáticas, informática, recreo...todo isto é o día a día do centro, a actividade escolar. Pero, hoxe, durante unha sesión o alumnado de 2º e 6º de primaria uniron os seus esforzos capitaneados polo noso conserxe, Muñiz, para realizar tarefas de coidado, recuperación e embelecemento do xardín e zona da entrada. Mentres o alumnado de 2º realizaba a plantación de diversas especies, o alumnado de 6º (pasando bastante calor) axudaron a Muñiz a repartir terra nas zonas nas que previamente se cortaron árbores que estaban "enfermos". Grazas a todos/as por contribuír a ter un centro coidado e verde.
o alumnado de 6º leva realizando ao longo do curso diversos e variados traballos coa prensa. Hoxe toca de novo, revisar e buscar a información precisa para opinar, responder a unhas cuestións plantexadas, ampliar información de temas traballados...Aquí volos deixo...SSSSSSSSSSS! Precisan silencio, so o ruído de pasar as follas curioseando as distintas seccións.
O alumnado do 3º ciclo comezou a traballar coa obra de distintos escultores galegos: Francisco Asorey, Pedro Dobao, Francisco Leiro, Alfonso Vilar Lamelas,...Realizan as figuras en barro. Observade parte das súas obras:
Dentro das actividades postas en marcha desde a Biblioteca para celebrar o mes dos libros, aparece a actividade ADOPTA UN LIBRO. Cada titoría elixe un libro que lles guste polo motivo que sexa: ilustracións, tema, ... cóntao nas demais titorías e expono á entrada da biblioteca dándolle unha sinxela ambientación, segundo a temática elixida.