blogue deadmin1

PREMIO NO CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE

Dúas compañeiras do Centro, Seila Jiménez e Antía Torres, alumnas de 5º C obtiveron o Terceiro Premio no Concurso de Interculturalidade convocado polo Concello de Pontevedra. Noraboa polo traballo realizado.
 

O BELÉN

Durante o mes de Decembro, o alumnado do Centro que cursa as materias de relixión católica e relixión evanxélica estivo preparando un Belén realizando as figuras, que son dunha grande calidade artística, con plastilina. Aquí queda unha mostra do mesmo.
 

GOTA A GOTA

O xoves, 11 de novembro, o alumnado de 5º participou nunha actividade de coñecemento e aproveitamento do ciclo da auga na planta potabilizadora do Concello de Pontevedra, en Lérez, dentro dun proxecto educativo e de sensibilización ambiental para facer un uso máis sostible da auga, promovido pola empresa Aquagest. 
 
 
 

CONSELLO ESCOLAR

SAMAÍN 2010

Día da Paz

O 29 de xaneiro celebramos no Colexio o Día da Paz e a non violencia, cun pequeno acto no que os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º leron un manifesto e prepararon unha presentación cun percorrido polos pensamentos e as ideas do pacifista Gandhi, morto o 30 de xaneiro de 1948.

Tamén fixemos entrega á Cruz Vermella da nosa pequena aportación para contribuir a paliar os efectos do terremoto de Haiti.

Encontro de Escolas Asociadas UNESCO

Do 14 ao 16 de xaneiro participamos no 3º Encontro Galego de Escolas Asociadas UNESCO, que se celebrou en Pontevedra.

Inaugurado o Comedor

O pasado 3 de novembro inaugurouse, por fin, o comedor do colexio. Tivemos a visita das autoridades (Conselleiro, Alcalde, Xefe Territorial de Educación, Concelleiro de Educación...), que percorreron as  instalacións do centro e almorzaron co alumnado no novo espazo habilitado.
Distribuir contido