Un ano máis a Comunidade Escolar do Marcos da Portela participou no Concurso de Maios da Praza da Ferrería.
O Maio do Colexio gañou o Premio Especial de Maios.
Aquí vos queda un enlace ao resultado recollido na Prensa. Preme aquí
ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS DE INGLÉS QUE ORGANIZA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA.
Máis información desde O Centro - Secretaría e/ou desde Familias - Novas.
Desde o 1 de marzo está aberto o prazo de matrícula para alumnado de novo ingreso no Centro.
Máis información desde O Centro - Secretaría ou desde Familias - Novas
O Colexio ven de recibir o 1º PREMIO no CERTAME DE COOPERATIVISMO por un traballo feito polo alumnado do 2º ciclo de EP (3º e 4º) consistente na montaxe dun pobo, totalmente ecolóxico, realizado en plastilina.
Durante o seu desenvolvemento traballáronse as competencias de comunicación lingüística, matemática, artística, coñecemento, interacción co mundo físico, autonomía e iniciativa persoal, e competencia social e cidadá.
Esta película, interpretada por alumnado de diferentes cursos do Centro e dirixida polo mestre CARLOS PRIETO foi presentada no festival de maio, como remate de actividades deste curso. Esperamos que vos guste.
Recibiu o Premio BLANCO AMOR do Festival de Cine OUFF ESCOLA 2011 de Ourense, ao mellor GUIÖN.
A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 2011 ano internacional dos Bosques coa finalidade de promover a conservación e o desenvolvemento dos bosques en todo o mundo, crear unha conciencia social da importancia crítica que desempeñan os bosques e por ser estes os espazos máis importantes da biosfera terrestre.
O 31 de maio celebramos no Colexio un pequeno festival como remate das actividades que durante todo o mes adicamos ás Letras Galegas. Tivemos cantigas, baile, poesía, teatro...
O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello, veñen de presentar as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos,<