EXHIBICIÓN DE MUSHING

Hoxe no cole tivemos a orpotunidade de gozar dunha exhibición de MUSHING de mans do club Kennel DEN, o primeiro club de mushing e montañismo de Arousa con sede social en Catoira.

A organización do evento correu a cargo da mestra de Educación Física Noelia Piñeiro, competidora de élite de bikejoring (bicicleta con can de tiro).

Antes de realizar a actividade práctica no campo de bolos emprazado frente ao colexio, alumnado e profesorado asistimos a unha breve charla sobre este deporte regulado pola Real Federación Española Deportes de Inverno.

Todos e todas pasámolo xenial e quizáis... algún neno ou nena estea disposto/a a unirse ao club. Sería estupendo non?

 

Inicio de sesión