Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

CHARLA EDUCATIVA FAMILIAS

 

Ferramentas Prácticas para a resolución de conflitos

O vindeiro mércores, 23 de maio, a ANPA e o centro continúan coa Escola de Familias achegando un tema moi importante no noso día a día e na convivencia cos nosos fillos e fillas e coa sociedade en xeral. Será impartida pola pedagoga e psicóloga Rocío Villar  e financiada polo Centro de Formación e Recursos de Vigo a través da creación da ENAPA.

Nesta charla que se ofrece atoparás información sobre os conflitos familiares. Desde que son os conflitos familiares ata como resolvelos. Centrarémonos entre pais e fillos ou entre irmáns, pero trataranse distintos tipos.

Explicámosche por que se dan os tipos de problemas familiares máis comúns mediante exemplos de conflitos familiares.

Os problemas familiares deben abordarse de maneira diferente, segundo a orixe, os factores que o manteñen e as características das persoas implicadas. Con todo, existe un punto en común principal e imprescindible para solucionar un conflito: aprender a comunicarse de forma asertiva.

Se non sabes que facer ante problemas familiares ou queres afondar na temática sobre técnicas de resolución de conflitos familiares para que saibas xestionar e solucionar os problemas da familia, esperámoste o xoves 23 de maio de 4.30h a 6.30h no CEP Xosé Neira Vilas.

 

Agardamos que sexa do voso interese e esperamos contar coa vosa presencia para aprender xuntos/as.

TÍRALLE DA LÍNGUA LUÍSA VILLALTA

 

“Eis a poesía. Un camiño de coñecemento”

                               “Sempre o teatro á procura da verdade”

                                                                                                                   Luísa Villalta

Durante esta semana das Letras Galegas, ademais de outras actividades, realizaremos o concurso Tíralle da Lingua cun pasapalabra de Luísa Villalta. Dexámosvos aquí o enlace.

 

TEATRO NA ESCOLA CON ALUMNADO DE SAN RAFAEL. MARTES 14 DE MAIO

Encontramos o coñecemento do teatro poético dialogando co clásico en O paseo das esfinxes, o mundo shakesperiano mesturado coas sagas criminosas da novela negra en As certezas de Ofelia, o teatro dentro do teatro en O representante, o teatro do absurdo e a súa paixón pola música en Concerto para un home só.

O teatro en Luísa Villalta

O vindeiro 14 de maio, o alumnado co profesorado do centro San Rafael de Vigo, visitaranos na escola para compartir con nós unha xornada de teatro de celebración da homenaxeada nas Letras Galegas e o seu interese tamén polo teatro e u facer un día de convivencia. A obra representada será "O brazo de Mike" do grupo de teatro Os asomados. Esta celebración tamén homenaxea nas Letras Galegas a Luísa Villalta e o seu interese polo teatro ademais da música e a poesía.

Agradecemos que compartan con nós esta mañá de teatro, convivencia e ilusión. Moitas grazas a todo o equipo de San Rafael por facelo posible. 

CUSTODIA DUN TREITO DO RÍO DE PEITIEIROS

O martes 8 de maio pola tarde, un minigrupo de profesorado do centro puidemos gozar da formación sobre a inspección básica dun río a cargo de Paco Bañobre do Proxecto Ríos.Con el confirmamos as coordenadas do treito que temos en custodia, e fixemos a primeira expedición primaveral do río.Nesta expedición cubrimos un caderno de campo tendo en conta os seguintes aspectos:

  • Calidade hidromorfolóxica: o habitat, o bosque de ribeira , o caudal e as alteracións do seu estado . En canto a estos aspectos a conclusión obtida é que este treito ten un habitat ben constituido, cunha represa, pero cunhas augas transparentes e sen cheiro.
  • Calidade Fisicoquímica: para estudar as concentracións de diversos parámetros como os nitratos, osíxeno disolto e ph.
  • Analizamos a turbidez e a temperatura da auga. Tivemos un resultado de temperatura da auga que oscilaba dos 15 aos 16ºC dependendo do treito, cuns nitratos de 5 mg por litro , osíxeno disolto de entre 4 e 8 mg e ph de 6.
  • Calidade biolóxica: onde empregamos os macroinvertebrados como bioindicadores para valorar a calidade do río e facer un pequeno censo das especies de flora e fauna máis comúns, é dicir a flora e fauna autóctona.En canto a maioría dos macroinvertebrados atopados : Tricópteros, ,plecópteros, indícannos estar nun índice moi bo. En canto a biodiversidade atopámos escasas plantas acuáticas, pero unha chea de árbores: abeleira, ameneiro, loureiro, freixo entre outros moitos.

Foi unha tarde estupenda, chea de aprendizaxes, de disfrute na nosa contorna e de satisfacción ao observar que a calidade da auga do treito do río custodiado está dentro duns bos parámetros.O próximo curso repetiremos a actividade, pero nesta ocasión xa co alumnado do centro e nos meses do outono para poder facer unha comparativa do rexistro da primavera e do outono.

FORMACIÓN PONTE A ZERO

ABRIL AUGAS MIL

E ben certo é , que estas choivas de abril  viñéronlle moi ben ás nosas sementeiras que agora están agardando polo sol para seguir medrando.E en abril o noso cole estivo cheiño de obradoiros impartidos por monitores do Programa de Ponte a Zero da Deputación de Pontevedra. 

O alumnado de 1º e 2º de primaria estiveron experimentando co obradoiro ” Dando nova vida aos residuos” o alumnado de 3 º vendo ” O ciclo da Auga ” que aínda que xa o traballaran na aula, pois con outra mirada máis práctica. O alumnado de 4º aí estivo con ” Limpiadores Alternativos” , os de 5º con ” Reciclaxe de Xabón ” que tiveron que ir xuntando entre todos un litro de aceite usado e por último o alumnado de 6º formándose un pouco máis no tema das ”Ecoauditorias".

Froita e Leite na Escola

O próximo 8 de abril daremos comezo á distribución de froita durante 10 días e de leite, que neste caso avisaremos da súa finalización.

 

FROITA

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

PLÁTANO

 

MAZÁ

 

MANDARINA

 

FRESA

 

PERA

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN: https://alimentateben.xunta.gal/gl/froita_na_escola/

Admitidos no proceso de admisión curso 24-25

 

CEIP San Mateo

 

Informamos que todas as solicitudes de Admisión presentadas no centro para o vindeiro curso académico 24-25 foron admitidas .

Recordamos que debedes formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

Distribuir contenido


by Dr. Radut