Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

XOSÉ NEIRA VILAS

ANIVERSARIO de Xosé Neira Vilas

Hoxe sería o aniversario de Xosé Neira Vilas, o noso padriño. Naceu en Gres (Vila de Cruces, Pontevedra), o 3 de novembro de 1928.

O 17 de setembro de 2013  recibimos no colexio ao noso padriño Xosé Neira Vilas con motivo da inauguración da exposición da súa obra e maila da súa dona, Anisia Miranda.

O acto tivo lugar no vestíbulo do colexio, a carón dos andeis que recompilan toda a súa obra, un lugar preferente para unha persoa tan especial.

XOSÉ NEIRA VILAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Las nuevas ´cantarolas´ de Vilas

El escritor gallego Neira Vilas edita un nuevo libro de poemas para niños musicado y cantado por Do Ceo, Xabier Díaz o Carmen Rey

m.mato | vigo 14.10.2014 Neira Vilas acompañado por su sobrina, María Xosé Neira, y Valentín García, secretario de Política Lingüística (detrás).

 
Neira Vilas acompañado por su sobrina, María Xosé Neira, y Valentín García, secretario de Política Lingüística (detrás). // Xoán Álvarez

 

 

 

El suave eco de las Cantarolas que Xerais editó hace años para hacer viajar la poesía de Anisia Miranda y Xosé Neira Vilas entre los más pequeños prosigue con su onda expansiva a día de hoy pero transformado en un nuevo libro que acaba de publicar la editorial Galinova y que ayer se presentó de forma oficial en el Salón Teatro de Compostela con concierto incluido.

 

La obra lleva por título Cantos de sol a sol, como oda al periplo estacional que realizan los poemas del autor desde el invierno hasta el otoño.

Se trata de poemas de nueva concepción por parte de Vilas que han sido musicados por Xosé Lueiro quien explicaba ayer a este diario que el libro nació como una continuación de las primeras "Cantarolas". El proyecto, de inmediato, ilusionó a Neira Vilas que ha parido 20 composiciones que cuentan con las ilustraciones de Xosé Vizoso, conocido por su aportación en el diseño gráfico a la cerámica de Sargadelos.

Reconoció Lueiro que resultó "complicado" musicalizar los poemas -cuya línea recuerda a los haikus japoneses, según el músico- ya que ellos mismas presentan musicalidad. "Era tan perfecta a súa música que non quería que a miña os estragara", apuntó el compositor.

Un paso decisivo fue también elegir a los distintos artistas que han ido interpretando cada poema y entre los que se encuentran María do Ceo, Carmen Rey, Felisa Segade, Manoele de Felisa, Xabier Díaz o Lucía Azurmendi, entre otros. Precisamente, dos baladas de María do Ceo fueron las que abrieron el concierto de ayer en Santiago, en concreto "Unha folla de salgueiro" y "O vento".

Al igual que en Cantarolas, Neira Vilas deposita su canto en los elementos de la naturaleza, si bien los niños son los protagonistas, apareciendo constantemente en el libro, según destaca Lueiro.

La obra para este resultó "una miscelánea de emociones", mientras que en el prólogo Fina Casalderrey lo ensalzó como "unha biografía das emocións". Para Lueiro, las composiciones están "moi cerca da lírica tradicional. A natureza aparece asulagándoo todo e provoca os cantos". El primer poema arranca con el inicio del año mientras que el último es la Navidad pasando por las distintas fases del año e incluyendo los carnavales y el verano.

A la primera presentación de la obra ayer en Compostela, (con Do Ceo, Manoele y Azurmendi acompañados por el piano de Héctor Martínez) le seguirá otra cerrada para el 21 de noviembre en A Estrada. También hay otros conciertos presentación previstos para Vigo y A Coruña pero estos no tienen la fecha decidida de momento.

En el acto de ayer en Compostela, participaron entre otras personalidades el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fue muy destacada la participación de seis niños que procedieron a recitar poemas.

Noticia Faro de Vigo


Xosé Neira Vilas presenta su nuevo libro en Ponteceso

 

20.10.2014 | 22:44
Xosé Neira Vilas presenta su nuevo libro en Ponteceso
 
Xosé Neira Vilas presenta su nuevo libro en Ponteceso 
 

El escritor cruceño Xosé Neira Vilas presentó anteayer en la Casa dos Veciños de Couto, en el concello coruñés de Ponteceso, el libro Con Anisia Miranda na Costa da Morte, publicado por la editorial Embora.El ilustre literato estuvo acompañado por el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. El volumen recoge las diversas visitas que realizó el matrimonio a esta zona costera desde principios de la década de los años 80.

Noticia Faro de Vigo


Neira Vilas reúne las obras sobre sus raíces gallego-cubanas 

El volumen integra tres libros del autor, que vivió 32 años en la isla

Agencias | Santiago 19.03.2014 | 01:21

Neira Vilas y Valentín García, de Política Lingüística. // CCG
Neira Vilas y Valentín García, de Política Lingüística. // CCG
 
 

El Consello da Cultura Galega (CCG) presentó ayer en Santiago la publicación del volumen "Galicia en Cuba. Rosalía. Loitas", que agrupa tres obras de Xosé Neira Vilas en las que se desarrollan distintos aspectos de sus "raíces gallego-cubanas".

El propio Neira Vilas participó en la presentación de la obra, una reedición revisada por el autor, en la que también estuvo presente el presidente del Consello, Ramón Villares, el cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, y el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. En concreto, la publicación recoge los libros "A lingua galega en Cuba", "Rosalía de Castro e Cuba" y "Galegos que loitaron pola independencia de Cuba", país en el que Neira Vilas residió durante 32 años y al que estuvo muy vinculado.

De hecho, el cónsul de Cuba en Galicia elogió la figura de Neira Vilas, al que "Cuba acogió como un hijo" y destacó su carácter de "internacionalista" aunque "siempre enarbolando la bandera gallega". La recopilación cuenta con el apoyo de la Secretaría Xeral de Política Lingüística y se incluye en el marco de un convenio de colaboración que ambas entidades firmaron en 2010.

En este sentido, Valentín García destacó la importancia de recordar los "símbolos identitarios de Galicia en el exterior", así como del "retorno de la relación entre Galicia y Cuba". "Si hay alguien que haya profundizado, investigado y documentado esta labor desde la Galicia territorial para dar cuenta del ingente trabajo llevado a cabo en Cuba, ese es Xosé Neira Vilas", sentenció. El cruceño Neira Vilas es miembro de la RAG, y doctor Honoris Causa por las Universidades de La Habana y A Coruña.

Noticia Faro de Vigo


Inaugurado o recuncho coas obras dos "padriños"

Dentro dos actos da celebración das Letras Galegas, o mércores 22 de maio, inaugurouse o recuncho coas obras dos nosos "padriños". Dáse a casualidade de que o 21 de maio cumpríronse 20 anos da inauguración do Colexio co nome de "Xosé Neira Vilas" e a Biblioteca "Anisia Miranda". Daquela viñeron os dous escritores para celebrar o acto da inauguración. Desta volta agardamos que veña para o final de curso o noso padriño Xosé Neira Vilas para "re-inaugurar" este fermoso recuncho.


 


ENTREVISTA A XOSÉ NEIRA VILAS NA REVISTA EDUGA

Botade unha ollada a esta entrevista do noso padriño publicada pola revista Eduga e gozade das súas palabras.  

Preme na fotografía para lela.

Biografía

Xosé Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces, Pontevedra), o 3 de novembro de 1928.

Fillo de campesiños pasou a súa nenez e adolescencia na súa aldea natal, compaxinando a escola cos labores agrícolas. Aos catorce anos estudaba comercio por correspondencia e con 16 traballaba á vez nas oficinas dun serradoiro local, mentres, moi afeccionado á lectura, lía canto caía nas súas mans. Creou un grupo de teatro que representou obras en galego.

En 1949 emigrou a Buenos Aires, onde desempeñou traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Tomou conciencia da identidade de Galicia en contacto cos intelectuais do exilio: Seoane, Suárez Picallo, Lorenzo Varela, etc. Foi Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e participou na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega.

Casa en 1957 con Anisia Miranda, nacida en Cuba. Xuntos fundaron a organización libreiro-editorial Follas Novas para difundir o libro galego en América.

En 1961 Neira e Anisia foron residir a Cuba.

Traballou na Administración e fixo xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega en América. Volveu a Galicia, á súa aldea natal de Gres onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas. (accede a esta páxina pinchando neste enlace).

 

Durante toda a súa vida escribiu unicamente en galego. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa), Premio da Crítica Galega (ensaio) e Premio da Federación de Libreiros de Galicia. Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.


 

 

 

 

Ten colaborado noutros medios como os xornais A Nosa Terra (fundado en 1978, Santiago), Diario de Galicia (Vigo, 1988) e a revista Follas Secas de Ourense.


Desde a súa volta desde Cuba a terras galegas, colaborou en diversos medios de comunicación. Froito dese impulso foron as series "Memoria da emigración" e "Crónicas galegas de América", aparecidas inicialmente no Faro de Vigo (1992-1995, os domingos) e despois en O Correo Galego (1995-1999) e logo recollidas en varios volumes por Edicións do Castro.


 

Actualmente ten unha sección fixa en El Correo Gallego ("Arredor do mundo", columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario en Galicia Hoxe.

En definitiva, estamos ante unha das figuras máis importantes das letras galegas actuais.

Xosé Neira Vilas morre na súa casa de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra), o venres 27 de novembro do 2015.Trasladaron o seu corpo a Santiago de Compostela, ó Panteón de Galegos Ilustres, onde foi homenaxeado polos amigos e polas máximas autoridades de Galicia. O sábado pola tarde soterrárono no cemiterio de Gres, a carón da súa muller Anisia, falecida hai agora seis anos.

A ANPA e o colexio deixamos uns ramos como testemuñas do noso cariño e admiración. A bandeira galega do colexio tamén lle rende homenaxe.

Pepe Neira Vilas estivo con nós en moitas ocasións. El era o noso padriño, e nós os seus afillados. Sempre que llo pediamos achegábase ata o centro para participar nalgunha das actividades que organizabamos ou visitarnos e pasar un día con nós. É unha perda irreparable para todos. Galicia perde a un dos seus escritores máis destacados e tamén, sen ningunha dúbida,  ó maior cronista da emigración galega.

O noso colexio conserva, por decisión súa, a práctica totalidade dos libros de Anisia e de Pepe Neira, todos os que se puideron recuperar dunha gran obra literaria. Tócanos conservala e dala a coñecer, arrimar o ombreiro, para que eles e a súa obra formen parte sempre da vida da nosa comunidade educativa.

Moitas grazas por todo, mestre.

 

 

        SEMPRE ESTARÁS NA NOSA                                      LEMBRANZA

 

 

 

 CARTEL HOMENAXE DE TODO O COLEXIO AO NOSO PADRIÑO NO CABO DE ANO DO SEU FALECEMENTO

 

Neira Vilas e a súa obra vista polos nenos e nenas

 

A visita do noso padriño causou expectación entre os nenos e nenas. Desde os máis pequenos ata os maiores, quixeronlle ofrecer as súas producións artísticas, e foi así como o viron. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Agardamos que vos guste.

 

Para ver os debuxos preme aquí

Visita do noso padriño

ACTOS 25º ANIVERSARIO

Celebrouse o XXV Aniversario do Colexio coa representación, por parte do grupo de teatro Bertorella, da obra "O can de San Roque", conto adaptado de Victoriano Taibo.

 

Puidemos gozar ademais da presenza do noso padriño Xosé Neira Vilas e da escritora e pedagoga Antía Cal, nunha emotiva charla-coloquio, seguida da actuación do grupo folclórico de Pinzás.

 

Descubriuse unha placa conmemorativa no que queda reflectida esta data tan significativa.

Como colofón desta conmemoración, realizouse un xantar ao que asistiron alumnado e profesorado do colexio, así como ex-alumn@s e ex-profesor@s e Anpas.

Pola tarde tivo lugar a festa de fin de curso e a visualización de fotografías da vida no colexio durante estes 25 anos.

Grazas a todos e todas por acompañarnos neste día tan especial

 


E... chegou o gran día da inauguración

O 17 de setembro de 2013  recibimos no colexio ao noso padriño Xosé Neira Vilas con motivo da inauguración da exposición da súa obra e maila da súa dona, Anisia Miranda.

O acto tivo lugar no vestíbulo do colexio, a carón dos andeis que recompilan toda a súa obra, un lugar preferente para unha persoa tan especial.

 

Gozamos moito da súa presenza e agasallou cunha dedicatoria a todas e todos os que quixeron traer un libro


O RECUNCHO DO NOSO PADRIÑO

 Se xa tiña un oquiño no noso corazón, desde agora Xosé Neira Vilas ten un recuncho no noso colexio, un espazo que recompila toda a súa produción literaria e que comparte coa súa dona Anisia Miranda, madriña da biblioteca do centro. 

A súa presenza cólmanos de  ledicia.

Agardamos siga enchendo os andeis deste recuncho cos seus libros e as mentes de todos e todas coas súas palabras.

 

SEMPRE É UN PRIVILEXIO CONTAR CO

NOSO PADRIÑO

Na sección galerías da web do colexio podedes ollar algunhas fotografías deste evento.

Deixámosvos unha pequena mostra


Inaugurado o recuncho coas obras dos "padriños"

Dentro dos actos da celebración das Letras Galegas, o mércores 22 de maio, inaugurouse o recuncho coas obras dos nosos "padriños". Dáse a casualidade de que o 21 de maio cumpríronse 20 anos da inauguración do Colexio co nome de "Xosé Neira Vilas" e a Biblioteca "Anisia Miranda". Daquela viñeron os dous escritores para celebrar o acto da inauguración. Desta volta agardamos que veña para o final de curso o noso padriño Xosé Neira Vilas para "re-inaugurar" este fermoso recuncho.

Tamén aproveitamos para entregarlle un agasallo a Silvia Pereira Figueroa, que foi a gañadora do concurso de mascotas para representar os VIGAS (Vixiantes do Galego)

 


 Visitounos o padriño!!!

 O pasado xoves, 8 de marzo (Día internacional da muller) recibimos a visita de Xosé Neira Vilas, o noso "padriño". Estivo vendo os traballos que fixemos sobre "Memorias dun neno labrego" (o ano pasado cumpriuse o 50 aniversario da súa publicación), e logo mantivo un encontro con todos (alumnado e profesorado) no salón de usos múltiples. Uns alumnos de 6º expuxéronlle un traballo que fixeron en Power Point e outros de 5º recitáronlle unha poesía que fixeron para el. Logo contestou a todas as preguntas que lle fixeron e contou moitas anécdotas relacionadas coa súa vida e as súas obras. Ao remate asinou libros a todos aqueles que llo pediron. Foi unha visita moi agradable! Grazas padriño!!

Distribuir contenido


by Dr. Radut