Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Samaín

 

(Pulsa na foto)

AVISO SOBRE BECAS. AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023/24

 

Este curso hai unha novidade importante nestas becas. TODAS AS FAMILIAS, independentemente do nivel de renda, poderán solicitar un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400€ € que poderá ser percibido por todos os que soliciten esta beca e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria.

 

Estas axudas están dirixidas a alumnado que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:  discapacidade, trastornos graves de conducta, ou trastornos graves da comunicación e linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades.

 

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 20 de setembro inclusive.

 

 

INICIO CURSO ESCOLAR 23-24

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar!

O vindeiro luns 11 de setembro comezaremos as actividades lectivas de acordo co horario habitual: de 9:30 a 14:30 horas.

O alumnado que empregue o transporte escolar será recibido pola porta principal (onde os deixan os autobuses) e o alumnado que non emprega o transporte escolar accederá ao centro pola porta lateral do Adro (porta ao lado do Centro Cultural de Peitieiros).

O transporte escolar funcionará cos horarios e paradas habituais dende o propio luns. Con todo, débese ter en conta que os primeiros días poden producirse retrasos nos horarios dos autobuses polo que agradecemos que as familias estean pendentes de producirse algunha incidencia.

O comedor escolar funcionará xa dende o primeiro día, dende ás 14:30h ata ás 16:00h, podendo recollerse a partir das 15:30h. Se algún usuario non vai facer uso do servizo, debe comunicalo vía mail á dirección do centro (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) antes das 9:15 horas.

 

Esperamosque teñamos un bo curso, cheo de grandes momentos. Agardámosvos cos brazos abertos!

MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

Deixamos o listado completo de material escolar segundo o nivel educativo.

Preme no nivel correspondente para acceder aos documentos.

1º de Ed. Primaria

2º de Ed. Primaria

3º de Ed. Primaria

4º de Ed. Primaria

5º de Ed. Primaria

6º de Ed. Primaria

 

 

Listaxe de alumnado admitido comedor 23-24

 

 

Premede na imaxe para consultar a listaxe do alumnado admitido  no comedor escolar para o curso 23-24.

 

 

O prazo de reclamacións a partir da data de publicación é de 5 días. En caso de detectar calquera erro, poñerse en contacto co centro.

 

COMEDOR ESCOLAR 23-24

 

SOLICITUDE DO 4 AO 7 DE XULLO

 

O comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación

ADMISIÓNPara a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla.

EMPRESA DE CATERING:  O funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación. Para a atención deste servizo, cóntase con dúas ou tres coidadoras dependendo do número de comensais.

HORARIOS: de 14:30 h a 16:00h. A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar.

NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 59 prazas.

PREZOS: O prezo diario dependerá (gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€) da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado e Modelo de Autodeclaración Anexo II.

2.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude

ENTREGA SOLICITUDE: As solicitudes serán recollidas presencialmente na Secretaría do centro ou por correo electrónico ao cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , dentro dos prazos indicados en horario do 10:30h a 13:00 h. O Centro facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.

PRAZOS

-Prazo para a solicitude: do 4 de xullo ao 7 de xullo presencialmente ou a través do correo electrónico cep.neira.vilas@edu.xunta.gal

-Publicación da listaxe provisional de admitidos na páxina web: antes do 15 de xullo. 

-Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional.

-Publicación da listaxe definitiva de admitidos na páxina web: antes do 20 de xullo.

ANULACIÓN DE MENÚS: Débense anular os menús coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia. A anulación no propio día debe realizarse antes das 9:00h e unicamente por correo electrónico a cep.neira.vilas@edu.xunta.gal indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a”.

PAGAMENTOS: Para aqueles comensais que lles corresponda, faranse mensualmente, na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes. O incumprimento do pago impedirá a utilización do comedor no mes seguinte por parte do usuario.

NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR: A asistencia ao comedor implica a aceptación das normas recollidas no Plan de Funcionamento do Comedor Escolar. Pode ser causa de baixa no servizo:

-Non estar ao corrente dos pagos: non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

-Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada agás causas debidamente xustificadas ante a Dirección.

-Non comunicar en tres ocasións a súa ausencia, antes das 9:00 h. do día que deba ter efecto, poderá ocasionar ser suspendido pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

-Mal comportamento reiterado do alumnado.

Novidade curso escolar 23-24

A INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2023-2024 establece como novidade, para o vindeiro curso, a posibilidade da perda de condición de usuario tanto por ter praza no transporte e non facer uso del de xeito continuado del e/ou alumnos que fagan usos indebidos do trasporte escolar (cambiarse de autobuses, amosar condutas contrarias á convivencia...)
Concretamente o punto3 recolle: 


"3. Perda da condición de persoa usuaria con dereito Os/as usuarios/as con dereito a transporte escolar ou do integrado que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario/a con dereito, e, conseguintemente, non terán acceso preferente ao comedor escolar; para tal efecto, considerarase como continuada a non utilización do servizo cando esta se produza, sen causa xustificada, 5 días nun período de 30 días naturais consecutivos. 

 

 

LISTADO DE LIBROS CURSO 22-23

Xa podedes consultar o listado de libros e cadenos para o curso 23-24.

Preme aquí para tela completa.

 

Lembrade que as listas de material escolar se publicarán en setembro.

Formalización matrícula curso 23-24

 

O prazo para a formalización da matrícula para o alumnado que vén por primeira vez ao Centro será do 20 ao 30 de xuño.


Documentación a presentar:

  • Anexo III-1( Cuberto e asinado )
  • 2 Fotos de carnet
  • Fotocopia cartilla vacinas
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Fotocopia libro de familia (Só para o alumnado que veña do CRA)
  • Impreso solicitude Bus. (Só se o precisan)

NOTA: O servizo de transporte escolar é para o alumnado da zona ao que lle corresponde este centro,( usuario lexítimo das parroquias de Morgadáns, Chaín, Couso, Peitieros e os da Rúa Emigrante en Gondomar). O resto do alumnado só poderá optar ao servizo de transporte se houbese prazas vacantes.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut