Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Preme na imaxe

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO.

 

PARA O ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS. 

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos. ( No noso caso teñen que facer a solicitude o alumnado que está en 6º curso para 1º ESO no IES Terra de Turonio).


O prazo comprende dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro


Os impresos serán entregados ao alumnado.


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MARTES, 20 de febreiro ás  16:15 H

Un ano máis dá comezo o proceso de admisión para o curso 2024-2025.

Por iso o martes, 20 de febreiro ás 16:15h celebramos esta xornada informativa e un percorrido polo centro para o alumnado procedente do CRA Antía Cal e alumnado doutras parroquias que soliciten o centro.

Esperámosvos! 

 

Se tedes calquera dúbida sobre o acceso, admisión ou queredes información xeral podedes chamar no horario de secretaría de de 12:50 h. a 13:40 h. de luns a venres. 

ENTROIDO

Entroido

A vindeira semana imos celebrar o entroido no cole de Neira Vilas. Deberemos obedecer os mandatos do meco ou mequiña e  mañá comezará a primeira orde.

Deixámosvos as ordes aquí e se enviarán tamén por abalar.

A festa será o vindeiro venres 9 a semana que vén publicaremos o programa.

Plan Director: Protección do Medio Ambiente e da Natureza- 18 de xaneiro 5º e 6º

Este xoves 18 de xaneiro realizouse unha charla sobre protección da natureza dende o Plan Director, no que o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha xornada con Verónica (Policía Nacional). Tratáronse temas moi diversos que se axustaron ao seguintes:

Obxectivos do Plan Director:
  • Establecer as directrices necesarias en materia de conservación, uso público, investigación, formación, educación, sensibilización social e desenvolvemento sostible.
  • Favorecer o desenvolvemento dunha conciencia cidadá de aprecio polos Parques Nacionais e canalizar a participación social no proceso de toma de decisións.

Felices festas para toda a comunidade escolar.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación e colaboración neste primeiro trimestre de curso escolar 23-24, e desexarvos un aninovo de moita paz, moita saúde e bos momentos que todo o demais xa se vai facendo.

Feliz e ventureiro aninovo 2024 para todos e todas!

 

 

19 de decembro- Carreira solidaria"unoentrecienmil" contra a leucemia infantil.

O pasado 19 de decembro, participamos na carreira “Unoentrecienmil”  para conseguir fondos para a investigación na leucemia infantil que se realizou no adro da igrexa de Peitieiros, lindeiro ao centro escolar. Na carreira participou todo o alumnado , mestres e familias. A ilusión acompañou en todo momento a actividade e os panos dourados penduraron de cada baliza, nas mans, nas mentes e nos corazóns da nosa escola.

Máis de 1200 coles participaron nesta iniciativa que promove a fundación. Desde o ano 2015 máis de millón e medio de nenos de toda España correron nos coles para axudar aos nenos e nenas enfermos de leucemia a saír adiante, recadando fondos para a investigación da enfermidade. https://unoentrecienmil.org/

Á volta das vacacións de Nadal informarémosvos dos cartos recadados, porque aínda se seguen aportando.

 

 

25 de novembro: Día Internacional para eliminar a violencia contra a muller

 

Sumar unha protesta

Restar o maltrato

Multiplicar os esforzos

Dividir a violencia ata resto cero

Potenciar o apoio

                                     Non a Violencia de Xénero!

 

Charlas Plan Director para familias e alumnado sobre acoso escolar e ciberseguridade.

Durante este trimestre leváronse a cabo charlas sobre acoso escolar e ciberseguridade para as familias, profesorado e alumnado. O Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, oferta  charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Estas charlas foron impartidas o 9 de novembro, o 10 de novembro, e o 15 de decembro.

 

Pulsar na imaxe

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut