Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

CUSTODIA DUN TREITO DO RÍO DE PEITIEIROS

O martes 8 de maio pola tarde, un minigrupo de profesorado do centro puidemos gozar da formación sobre a inspección básica dun río a cargo de Paco Bañobre do Proxecto Ríos.Con el confirmamos as coordenadas do treito que temos en custodia, e fixemos a primeira expedición primaveral do río.Nesta expedición cubrimos un caderno de campo tendo en conta os seguintes aspectos:

  • Calidade hidromorfolóxica: o habitat, o bosque de ribeira , o caudal e as alteracións do seu estado . En canto a estos aspectos a conclusión obtida é que este treito ten un habitat ben constituido, cunha represa, pero cunhas augas transparentes e sen cheiro.
  • Calidade Fisicoquímica: para estudar as concentracións de diversos parámetros como os nitratos, osíxeno disolto e ph.
  • Analizamos a turbidez e a temperatura da auga. Tivemos un resultado de temperatura da auga que oscilaba dos 15 aos 16ºC dependendo do treito, cuns nitratos de 5 mg por litro , osíxeno disolto de entre 4 e 8 mg e ph de 6.
  • Calidade biolóxica: onde empregamos os macroinvertebrados como bioindicadores para valorar a calidade do río e facer un pequeno censo das especies de flora e fauna máis comúns, é dicir a flora e fauna autóctona.En canto a maioría dos macroinvertebrados atopados : Tricópteros, ,plecópteros, indícannos estar nun índice moi bo. En canto a biodiversidade atopámos escasas plantas acuáticas, pero unha chea de árbores: abeleira, ameneiro, loureiro, freixo entre outros moitos.

Foi unha tarde estupenda, chea de aprendizaxes, de disfrute na nosa contorna e de satisfacción ao observar que a calidade da auga do treito do río custodiado está dentro duns bos parámetros.O próximo curso repetiremos a actividade, pero nesta ocasión xa co alumnado do centro e nos meses do outono para poder facer unha comparativa do rexistro da primavera e do outono.



book | by Dr. Radut