GÚSTAME O MEU RÍO I

Hoxe o alumnado de 6º participou na primeira sesión teórica do programa "Me gusta mi río" levada a cabo pola confederación hidrográfica Miño-Sil.

Nas próximas sesións, farán visitas ao río da Pedra onde se converterán en investigadores para estudar a auga, a flora e a fauna.

O programa conta con clases teóricas, saídas, obradoiros, almorzos e rematará cunha visita ao nacemento do río Miño, onde convivirán e intercambiarán experiencias con nenos e nenas doutros lugares de Galicia.