Formación
COMEZAMOS O CURSO 20-21
Enviado por Anónimo o Dom, 20/09/2020 - 01:03Este curso que comezamos non é un curso habitual, e por iso quixemos comezalo tamén dun xeito pouco habitual, por iso NAO fixo a presentación a tod@s @s nen@s da escola.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/09/19/nuevo-profesor-robot/0003_202009B19C2994.htm
Deixamos unha mostra do recollido na noticia no seguinte video :
2º PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS - XUNTA DE GALICIA
Enviado por admin o Lun, 02/03/2020 - 15:09
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, no que obtivemos o 2º PREMIO.
"A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes", tal e como se recolle na páxina www.edu.xunta.gal.
A nosa memoria recollía 11 accións que se levaron a cabo no curso 18-19, grazas a un EQUIPO DOCENTE EXCEPCIONAL (aínda sendo certo que algunhas delas teñen unha traxectoria importante), onde a colaboración foi o eixo que sostivo este proxecto.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2020/02/28/xunta-premia-colegio-pobrense-pilar-maestu-proyecto-sobre-educacion-inclusiva/00031582899320641742305.htm?fbclid=IwAR3_mU-tfLC_UzCkisykXmEaD_3CTdJQEhW_QlKHTgu7NwqhO5Kets8JnZk#
CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL
Enviado por admin o Mar, 28/01/2020 - 14:51Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.
Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.
Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:
Se pinchas no seguinte enlace poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
PRAZAS LIMITADAS!!!!!
ROBERTO AGUADO UNHA VEZ MÁIS!!
Enviado por admin o Ven, 10/01/2020 - 15:24De novo o vindeiro luns día 13 de XANEIRO DE 2020 teremos na nosa escola durante todo o día a Roberto Aguado Romo , para desenvolver coa comunidade educativa do CEP PILAR MAESTÚ un traballo conxunto de cara á atopar as ferramentas axeitadas a diferentes situacións particulares que inflúen directamente na aprendizaxe de nenas e nenos. En palabras de Roberto Aguado, ferramentas que permitan que unha nena ou un neno pase do "sufrimento" á satisfacción, porque en realidade "somos o que sentimos".
Pola mañá traballaremos con nenas e nenos do centro, coa finalidade de poderlles axudar de forma individual e posteriormente poder xeralizar estas aprendizaxes para axudar a outros nenos e nenas.
Pola tarde o profesorado da escola (de 17:00 a 19:30) teremos unha formación relacionada co anterior coa finalidade de adquirir estas estratexias.
E para rematar unha sesión con familias, que comezará ás 19:30, e será na BIblioteca do centro. Unha charla para familias de Cadreche e para aquelas que forman parte de Escola de Familia no presente curso académico.
ERES O QUE SINTES- ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN PROFESORADO)
Enviado por admin o Dom, 24/11/2019 - 18:00O xoves día 21 de Novembro, tivemos a grande sorte de ter na escola a Roberto Aguado Romo, (http://robertoaguado.com) que ven de publicar o seu último libro "ERES LO QUE SIENTES". Pola mañá estivemos traballando con nenos e nenas da escola coa finalidade de poder axudarlles. Destas sesións de intervención, saimos profesorado e alumnado con "trucos" e estratexias para a mellora de nenas e nenos.
Pola tarde asistimos a unha sesión de formación de dúas horas e media de duración onde traballamos sobre o perfil do docente do Século XXI, baseado no traballo das emocións, aprendendo a recoñecer estas e buscando as alternativas para poder chegar a unha resposta ao alumnado que lle permita desenvolverse de forma eficaz.
Todo isto so foi posible grazas á colaboración de ANPA CADRECHE, a través dunha subvención coa Deputación de Coruña.
ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!
Enviado por admin o Ven, 08/11/2019 - 12:09O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.
Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.
NON VOLO PERDADES!!!!
INNOVANDO PARA INCLUÍR 18-19
Enviado por admin o Lun, 04/03/2019 - 01:05Neste curso no centro estamos a desenvolver formación relacionada con AUTISMO (TEA) E METODOLOXÍAS ACTIVAS DE APRENDIZAXE.
Nomeadamente realizamos formación con GEY LAGAR, de patios e parques dinámicos. https://patiosyparquesdinamicos.com/patios-dinamicos/index
Podedes ver algunha formación deste no seguinte enlace: 2033991643374896