Alumnado
ERITEMA INFECCIOSO: SINDROME DA BOFETADA
Enviado por bandaseca o Lun, 13/05/2024 - 09:51Adxuntamos a información para as familias da Asociación Española de Pediatría (En Familia), respecto do Eritema infeccioso remitida pola pediatra do centro de saúde de A Pobra do Caramiñal.
Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025
Enviado por bandaseca o Ven, 26/04/2024 - 10:28Poderán solicitar as axudas os alumnos e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de:
- Discapacidade
- trastornos graves de conduta
- trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais.
- alumnos con TEA
- alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Requisitos: non superar unha determinada renda e/o patrimonio familiar (ver Resolución)
O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.
ENTREGA NOTAS
Enviado por bandaseca o Xov, 18/06/2020 - 17:51As cualificacións finais publicaranse o dia 19 de xuño a partir das 10 h. a través da aplicación AbalarMobil.
Neste caso decidiuse facelo a esta hora por recomendación da Consellería e evitar o problema que houbo na 2ª avaliación onde a aplicación bloqueouse. Ao publicar todos os centros as notas a mesma hora, e ser o único medio de acceso para as familias, a aplicación se sobrecargou, nalgún caso non funcionou ata ben entrada a tarde. Por este motivo, a pesar que desde a Consellería aseguran que reforzaron os sistemas de xestión relacionados coa publicación de cualificacións, pediron que escalonáramos a hora de publicación e, se fora posible, adiantala para facilitar o acceso gradual das familias.
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º
Enviado por bandaseca o Xov, 23/05/2019 - 17:50Segundo a Resolución 12 de abril de 2019 a avaliación individualizada de 3º se realizará o 28 e 29 de maio (martes e mercores) .
Finalidade:
A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Esta avaliación ten carácter informativo e orientador. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia debe servir para:
- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.
- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.
- Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso de aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.
Competencias que se avalían:
- Competencia en comunicación lingüística (galego e castelá)
- A competencia matemática
Os referentes das competencias serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables para 3º dos anexos I e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, no que se establece o currículo de primaria.
Tambien se realizan uns cuestionarios de contexto para alumnos e familias e para o profesorado do centro que imparte nese nivel.
Horarios probas: día 28 e 29 de maio. (martes e mércores)
Día 28 |
tempo |
horario |
Competencia en comunicación lingüística - Caderno 1 |
60’ |
9:25 – 10:25 |
Descanso |
25’ |
10:25 – 10:50 |
Competencia matemática – Caderno 1 |
50’ |
10:50 -11:40 |
Día 29 |
|
|
Competencia en comunicación lingüística – Caderno 2 |
60’ |
9:25 – 10:25 |
Descanso |
25’ |
10:25 – 10:50 |
Competencia matemática – Caderno 2 |
50’ |
10:50 -11:40 |
As probas se realizarán a todos alumnos de terceiro presentes durante eses dous días desde a hora de entrada ata o recreo. Constan duns cadernillos e audios elaborados pola Consellería e serán aplicadas por profesores do centro, que non son titores dos nenos e a corrección será levada a cabo por profesorado do centro, de acordo coas normas que nos envían desde a Consellería.
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º
Enviado por bandaseca o Xov, 26/05/2016 - 17:42Datos de participación na avaliación individualizada de 3º realizada os días 24 e 25 de maio:
Dun total de 58 alumnos presentáronse 5.
PROTOCOLO ABSENTISMO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mar, 25/02/2014 - 11:43A Consellería de Educación ven de publicar o novo protocolo de absentismo escolar que será de aplicación, a partir de agora, na nosa Comunidade Autonoma. Dito protocolo trata de garantir o dereito do alumnado a asistir a clase, así como a obriga por parte de nais, país ou titores de facer efectivo ese dereito.
Considerarase absentismo: a ausencia inxustificada dun 10% do horario mensual. No noso caso contamos con 27 sesións semanais (108 mensuais), así que se un alumno faltase máis de 11 sesións sen xustificación, ao terceiro día que falte, activarase o protocolo de absentismo.
Presentación protocolo de absentismo: conceptos, dereitos e obrigas, medidas preventivas, control asistencia, procedementos, expedientes,...
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
Enviado por bandaseca o Mér, 07/03/2012 - 01:29AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012
A Consellería de Educación publica no DOG de 5 de marzo de 2012 a convocatoria de 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Solicitantes: alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia entre 6º e 2º de bacharelato.
Para 6º hai convocadas 510 prazas, a modalidade é de inglés en Galicia durante 2 semanas de verán en réxime de residencia. O custo das familias depende do grupo en que as situen segundo os ingresos e pode variar entre os 110 € eos 450 €.
Mais información en http://www.edu.xunta.es/axudasle. A solicitude faise a través desta páxina. Calquera dúbida que xurda estamos á súa disposición.
Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído).