Esquema de temas

  • Xeral

    Cartel das xornadas 2015

    Para incribirse nestas xornadas a través do FPROFE, premer aquí: Inscrición
  • Tema 1

    Diptico cara a





    diptico cara b
    foto 1
  • Tema 4

    Histórico das Xornadas de electricidade e electrónica
    Preme nas imaxes para acceder ás WEB dos anos anteriores, nas que podes descargar os materiais e fotos das mesmas.

    Xornadas 2014 en Cambados
    Xornadas 2013 en Pontevedra
    Xornadas 2012 en Coruña
    Xornadas 2011 en Santiago
    Xornadas 2010 en Vigo

    As xornadas de electricidade e electrónica veñen celebrándose ininterrompidamente a segunda semana de setembro dende o ano 2010. Son sempre un punto de encontro entre todo o profesorado de electricidade e electrónica de Galicia que durante dous días xuntámonos para ver aquelas experiencias máis salientables que compañeiros nosos fan nas aulas, as novidades técnicas e tecnolóxicas que se producen; pero sobre todo para compartir entre nos as nosas experiencias docentes do día a día.

    Tratamos de chegar a todo o profesorado da familia profesional e ao mesmo tempo por en valor e coñecer os nosos centros; razón pola cal vamos rotando a súa sede por centros que imparten electricidade ou electrónica en Galicia, buscando unha localización o máis accesible posible.







    • Tema 5

      APEEGA

      No mes de Setembro de 2011 un grupo numeroso de profesores da familia de electricidade e electrónica, reunidos no CIFP Politécnico de Santiago, decidimos constituír unha Asociación profesional cuns fins, según rezan os estatutos aprobados nesa reunión son:


      a. Promover a extensión do coñecemento da electricidade e electrónica no eido educativo.


      b. Relacionar o eido educativo co industrial no campo da electricidade e electrónica.


      c. Establecer canles de comunicación entre os asociados para compartir problemáticas, experiencias, documentación, etc., sobre a actividade docente.


      d. Propoñer ou organizar actividades relacionadas coa electricidade e/ou electrónica, tales coma cursos, congresos, seminarios, encontros, etc.


      e. Difundir e publicar es soporte impreso ou dixital contidos relacionados coa familia de electricidade e electrónica ou coa propia asociación.


      f. Actuar como interlocutor dos asociados antes as distintas administración.


      É decir, unha asociación cuxa finalidade e a da posta en común todo aquilo que poida servir para mellorar a nosa profesión e a actividade diaria nas aulas


      Durante este tempo estivemos desenvolvendo a actividade, centrándonos fundamentalmente en dous aspectos:


      - Colaboración na celebración das xornadas anuais de electricidade- electrónica (vamos póla 6ª edición). Foro que conta cunha gran aceptación entre o profesorado da familia como punto de encontro e para compartir experiencias didácticas e/ou profesionais, así como para que as empresas do sector mostren as súas novidades. Entendemos que estas xornadas constitúen unha peza moi importante na renovación didáctica e profesional.


      - Información actualizada aos asociados coas novidades lexislativas, profesionais... e de todo tipo que afectan o profesorado da familia no seu traballo diario.


      Nestes momentos estamos en APEEGA 171 profesores/as asociados, e a directiva de APEEGA está formada por

      Euloxio Santos Leites

      IES Politécnico de Vigo

      Sistemas electrotécnicos e automáticos

      Manuel Martinez Mendez

      IES Escolas Proval

      Sistemas electrónicos

      Ramón Rey

      CIFP Politécnico de Santiago

      Equipos electrónicos

      Rosa Martín

      IES de Celanova

      Instalacións electrotécnicas


      Para dirixirte a nosa asociación podes facelo a través do correo electrónico: apeega@gmail.com, ou ben visitando a nosa WEB: https://apeega.wordpress.com/


      • Tema 6

        Enlaces de interese
        Taller de Arduino: Un enfoque práctico para principiantes
        Enlace a este libro escrito por Germán Tojeiro Calaza, un profesor de sistemas electrónicos e compañeiro do IES Monte Neme.