Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Industrias Alimentarias

Novo ciclo de FP DUAL: Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios

NOVO CICLO DE FP DUAL: CICLO MEDIO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

 

 

Ponse en en marcha para o vindeiro curso 2019/2020, xunto ao IES Luis Seoane, unha nova modalidade de FP na que o alumnado poderá compaxinar a formación entre as empresas colaboradoras e o propio centro.

O obxectivo do ciclo é formar profesionais para desempeñar postos cunha especial cualificación en empresas do sector de distribución de alimentación.

Durante o período de prácticas (de marzo a setembro) o alumnado percibirá unha remuneración e este tempo será cotizado para a Seguridade Social. Ademais poderá beneficiarse dunhas axudas por desprazamento.

 

O prazo para presenta-las solicitudes comezará o día 24 de xuño e rematará ás 13:00h do día 2 de xullo.

Mais información sobre o ciclo: PDF informativo 

Información sobre solicitudes http://www.edu.xunta.es/fp/fpdual-convocatoria-2019

Calendario de admisión http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8195

Feira INTERSICOP e Salón Gourmets 2015

O alumnado de de 1º e 2º de Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría da familia de Industrias Alimentarias visita Madrid para acudir a INTERSICOP,  o maior evento internacional para o sector da panadería e da pastelaría que tamén coincidiu en lugar e tempo co  Salón de Gourmets 2015.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut