try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

DÍA DAS LETRAS GALEGAS "XELA ARIAS"

A Real Academia Galega adicaralle a Xela Arias,unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, o Día das Letras Galegas de 2021.

Xela Arias é autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida. Destaca tamén a súa labor como editora e tradutora que verteu milleiros de páxinas de clásicos universais ao galego.

 

 

Tedes a vosa disposición na Biblioteca do Cifp A Granxa os libros: INTEMPÉRIOME e POESÍA REUNIDA  

 

 

«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003 racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte.

 

«Poesía reunida» (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».

 

Actividade: No recreo de tódolos días lectivos do mes de maio poderanse escoitar poemas de Xela Arias con música na Biblioteca do Cifp A Granxa

 

 Deixámosvos tamén un vídeo sobre Xela Arias. Para velo preme no enlace

 

https://drive.google.com/file/d/1gEuNtbMFzY7yozqjMl5xWRVALlgeDyT6/view