Colaboración entre o CS Integración Social e o IES Cotobade.
O pasado martes 3 de outubro 4 alumnas de 2º curso do CS de Integración Social acudiron como voluntarias a desenvolver unha xornada de convivencia con alumnado de 1º da ESO do IES Cotobade.
Varias compañeiras mostráronse voluntarias, pero houbo que facer unha selección que resolveron máis eficazmente Nerea, Marta, Valeria e Iria. Desde o IES pediron colaboración para levar a cabo unha xornada de actividades de cohesión social para integrar ao novo alumnado da ESO no centro. Así que desde o módulo de Habilidades Sociais as 4 alumnas planificaron a intervención, que saíu moi ben e a rapazada do IES gozou (fora unha sorpresa para todas e quedaron moi satisfeitas por ter un día diferente). Desexamos que a actividade servise para que este alumnado xere lazos no novo comezo dunha etapa como é a ESO. Grazas mozas!