FASE FINAL DO CONCURSO DE IDEAS PARA INTERCAMBIADOR DE LIBROS NO CIFP A XUNQUEIRA!
O concurso de ideas para o deseño e desenvolvemento dun moble de intercambio de libros no que participan alumnos de 2º do Ciclo Superior de Deseño de Carpintería e Moble chega á fase final. O día 28 ás catro da tarde o alumnado fará a exposición das ideas diante dun xurado composto por a responsable da Biblioteca do CIFP A unqueira, un representante de FINSA (fornecedora do material co que se construirá o prototipo), e persoal das empresas que colaboran co centro na formación dual, carpintería Ceyeda e Celso Tomé.
A idea da creación dun moble de bookcrossing, termo internacional para este tipo de mobiliario urbano, xorde como prolongación do espazo da biblioteca ata o xardín. Deste xeito o alumnado poderá dispor en todo momento dun lugar de intercambio e promoción de lecturas sempre aberto. Os libros déixanse no intercambiador ben por recomendación do libro, porque xa non se ten espazo para el na casa ou ben para a autopromoción dos rapaces que fan autoedición.
O moble de intercambio ten as dimensión dun pequeno moble de xardín. Nalgunhas cidades adáptanse antigas cabinas telefónicas, pequenas marquesiñas, xardineiras e mesmo outro mobiliario urbano no que depositar os libros, pero é importante que sexa un lugar de paso ou moi visitado. Neste caso unha das premisas máis importantes que cada alumno houbo de ter en conta foi que “o moble estará á intemperie en condicións de sol e chuvia e solo algúns materiais derivados da madeira poden soportar”. O uso dos derivados da madeira cun novidoso tratamento de acetilado adecúan os resultados a estas condicións máis esixentes.
FINSA é pioneira neste tipo de materiais de aí que se contase coa aportación técnica para o deseño e futura instalación.